O Parlamento demanda que o Goberno central incremente a porcentaxe do PERTE Nova Economía da Lingua para as propostas en galego

Santiago, 13 de maio de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que achegue unha porcentaxe significativa de investimentos públicos do PERTE Nova Economía da Lingua para o desenvolvemento de propostas que teñan a lingua galega como elemento fundamental no proceso de transformación dixital da sociedade, con especial atención aquelas iniciativas que estean centradas na aplicación da intelixencia artificial, como é o caso do Proxecto Nós e outras que poidan desenvolverse.

Seguir leyendo

Pedro Puy salienta a “fortaleza” que lle da a Alfonso Rueda “a viabilidade das súas propostas realistas”

Santiago, 12 de maio de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe no Pleno de Investidura a “fortaleza” que lle da ao candidato Alfondo Rueda “a viabilidade dunhas propostas realistas, enmarcadas na tarefa de facer unha Galicia mellor para vivir, e contribuír con elo a facer de España un país mellor e de Europa unha unión máis perfecta”. “Os que te coñecemos desde hai moitos anos sabemos que reúnes os coñecementos, a experiencia, a vontade e o talante precisos para darlle continuidade ao proxecto inacabable de facer de Galicia un país mellor”, apuntou.

Seguir leyendo

Puy cualifica o discurso de Alfonso Rueda como “acaído e que garante a estabilidade política de Galicia”

Santiago, 10 de maio de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, valorou hoxe o discurso de investidura do candidato á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, como “acaído e que garante a estabilidade política da Comunidade galega”. As súas propostas “darán continuidade a unhas políticas que nos últimos anos teñen dado bos resultados, pero que, desde a moderación e o reformismo, van recibir un novo pulo”, manifestou.

Seguir leyendo

Rueda aposta por manter a “normalidade excepcional” de Galicia e propón un proxecto baseado no traballo, as familias e o futuro

Santiago, 10 de maio de 2022.- O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, apostou hoxe por que Galicia siga sendo un referente de “normalidade excepcional” en España en termos de estabilidade institucional, económica e social. Para conseguilo, debullou as propostas e medidas do seu proxecto de goberno para os próximos anos, que se baseará no traballo, nas familias e no futuro.

Seguir leyendo

Pedro Puy afirma que Rueda dará “un novo impulso ás políticas de éxito” dos gobernos do PPdeG

Santiago, 9 de maio de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o Pleno de investidura como Presidente da Xunta de Alfonso Rueda, que comeza mañá, permitirá contrastar “o novo impulso ás políticas de éxito” que o Partido Popular de Galicia vén desenvolvendo nos últimos anos á fronte do Goberno galego, “coa receita do nacionalismo do século XIX do BNG, aderezado con novas posturas de índole marxista, e a dependencia e defensa dos socialistas galegos do Goberno de Pedro Sánchez”.

Seguir leyendo

O PPdeG urxe ao Goberno central a aprobación dos PERTE pendentes

Santiago, 6 de maio de 2022.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz urxiu hoxe no Parlamento galego que o Goberno central aprobe os PERTE pendentes e as bases das axudas correspondentes a cada un deles, xa que as empresas deberán estudar e presentar os proxectos e o Goberno do Estado deberá analizalos e resolvelos antes do vindeiro 31 de decembro de 2023. “Ogallá me equivoque, pero a experiencia en xestión de fondos europeos lévame a pensar que co procedemento establecido polo Goberno de Pedro Sánchez imos deixar de percibir unha moi importante cantidade de recursos, tan necesarios para as nosas empresas”, sinalou.

Seguir leyendo