Aprobada a nova Lei de áreas empresariais, que simplifica a tramitación urbanística e mellora a xestión destas áreas

Santiago, 26 de setembro de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto en contra do BNG, a nova Lei de áreas empresariais de Galicia, que “simplifica a tramitación urbanística, que adoita ser extensa e que pode deixar escapar oportunidades empresariais a outros territorios veciños como Portugal, e que recolle unha mellora na xestión dos parques empresariais por parte dos propietarios e empresarios que se senten abandonados cando o concello non responde”.

Seguir leyendo

O proxecto de Lei para a provisión de postos de difícil cobertura en sanidade continúa a súa tramitación no Parlamento de Galicia

Santiago, 27 de setembro de 2022.-  O proxecto de Lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade galega continuará a súa tramitación parlamentaria, coa previsión de que sexa aprobado no vindeiro Pleno, a pesar do voto en contra de BNG e PSdeG. A portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo, demandou aos grupos da oposición que “se aclaren, porque non se entende que pidan medidas de xeito inmediato para incrementar o persoal sanitario e cando se lles traen accións para aplicarse de xeito inmediato se opoñen e se queixan de que imos demasiado rápido”.

Seguir leyendo

Puy afirma que a comparecencia de Rueda no Pleno é “unha decisión valente, que da transparencia e permite á oposición ter un avance dos orzamentos para 2023”

Santiago, 26 de setembro de 2022.-  O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “decisión valente, que engade transparencia á xestión do Goberno galego e que vai permitir á oposición ter un avance das liñas dos orzamentos da Xunta para 2023 que virán ao Parlamento galego na data habitual” a comparecencia do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mañá no Pleno da Cámara galega. Neste sentido, Puy manifestou que BNG e PSdeG “perden toda credibilidade cando critican á Xunta tanto cando comparece no Pleno como cando non o fai”.

Seguir leyendo