
Santiago, 16 de decembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou hoxe no Parlamento galego que a Xunta elabore e desenvolva, da man do sector, a planificación da formación náutico-pesqueira para a Mariña lucense, no que se contemple a emisión de certificados de profesionalidade marítimo-pesqueira e a organización de cursos para a adquisición e revalidación de competencias necesarias. Así mesmo, avogou por analizar a demanda existente para a implantación nos centros da Mariña de ciclos de formación náutico-pesqueira e da FP-dual, como a que xa está a funcionar en Galicia nesta especialidade.








