Pedro Puy: “Galicia está aguantando mellor a situación inédita que estamos a vivir o que está permitindo saír mellor que outras comunidades no eido sanitario, económico e social”

Santiago, 30 de agosto de 2021- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, destacou hoxe en rolda de prensa o balance satisfactorio da apertura do curso político do PPdeG e do PP onte na carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, onde se constatou que Galicia, en relación a situación única que estamos a vivir, está aguantando ben, o que está permitindo saír no eido sanitario, económico e social mellor que o resto das comunidades autónomas.

Seguir leyendo

O Grupo Popular solicita que se aclaren as circunstancias do baleirado dos encoros da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil e que o Goberno estableza mecanismos de control e vixilancia

Santiago, 27 de agosto de 2021- A voceira de Medio Ambiente do Grupo Popular Marisol Díaz Mouteira presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria dirixida a requirir do Ministerio para a Transición Ecolóxica e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aclare as circunstancias nas que se produciu o baleirado dos encoros da súa competencia en Galicia, como son Portas, Belesar, Cenza e Salas, e se autorizou a deixalos por debaixo do 20% da súa capacidade e, no seu caso, os motivos que levaron a esa autorización.

Seguir leyendo

Paula Prado e Borja Verea recollen as propostas da Asociación Hostalaría Compostela para mellorar a situación do sector durante a pandemia

Santiago, 26 de agosto de 2021- A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado e o portavoz de Turismo Borja Verea, reuníronse con representantes da Asociación Hostalaría Compostela para recoller as súas necesidades e propostas na mellora da resposta a situación dun dos sectores máis castigados pola pandemia, como é o a hostalaría, fronte a pandemia actual da covid-19 e as súas consecuencias.

Seguir leyendo

Pedro Puy insiste na necesidade de que o Goberno de España aprobe unha lei específica de pandemias

Santiago, 25 de agosto de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, insistiu hoxe, do mesmo xeito que veñen facendo o Consello de Estado, o Tribunal Supremo, varios tribunais superiores das comunidades autónomas e os propios xuíces, na necesidade de que o Goberno de España aprobe unha lei específica de pandemias que oriente as medidas que se adoptan por parte das administracións.

Seguir leyendo

Pedro Puy sitúa como prioridades básicas no novo período a continuidade na loita contra a pandemia sanitaria e a recuperación económica e social

Santiago, 23 de agosto de 2021- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, sinalou hoxe como prioridades básicas para o novo período de sesións “a continuidade na loita contra a pandemia sanitaria e a recuperación económica e social”. Así mesmo, situou como referencias principais do novo curso parlamentario a celebración do Debate do Estado da Autonomía e a tramitación dos orzamentos da Xunta para o 2022.

Seguir leyendo

O PPdeG rexistra a petición de máis examinadores de Tráfico para que cese o colapso e listas de agarda en Galicia

Santiago, 20 de agosto de 2021- O Grupo Parlamentario Popular ven de rexistrar hoxe no Parlamento unha iniciativa encamiñada a solicitar ao Goberno de España que convoque de xeito urxente un proceso selectivo que permita cubrir as prazas de examinadores de Tráfico vacantes na Comunidade Autónoma de Galicia, para atender as graves carencias de persoal que sofren as catro Xefaturas Provinciais de Tráfico galegas.

Seguir leyendo

Paula Prado sinala os “pequenos pasos pero grandes avances” no período de sesións no ámbito da igualdade e a lacra da violencia de xénero

Santiago, 9 de agosto de 2021- A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado fixo balance hoxe en rolda de prensa dos “pequenos pasos pero grandes avances” que se deron neste período de sesións no Parlamento no ámbito da igualdade e do seu máis cruel expoñente da súa falta como é a lacra da violencia de xénero na nosa sociedade.

Seguir leyendo

O Grupo Popular solicita o impulso á tecnoloxía 5G no rural galego e nas infraestruturas e polos estratéxicos da Comunidade

Santiago, 9 de agosto de 2021- A viceportavoz do Grupo Popular Elena Candia presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa encamiñada a que a Xunta se dirixa ao Goberno de España para que concrete e priorice as medidas na Estratexia de Impulso da Tecnoloxía 5G que permitan incentivar o despregamento desta tecnoloxía nas poboacións de menor tamaño e no medio rural, así como aquelas infraestruturas, polos industriais e de coñecemento estratéxicos da Comunidade Autónoma.

Seguir leyendo

Pedro Puy salienta que a aprobación do teito de gasto para 2022 é “unha mostra máis da normalidade democrática que vivimos en Galicia”

Santiago, 3 de agosto de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2022, aprobado hoxe polo Pleno do Parlamento galego, é “realista, prudente e axustado a todas as previsións autonómicas, nacionais e internacionais; e unha mostra da normalidade democrática que vivimos en Galicia, algo que creemos que é importante no momento político que está a vivir España”. Neste sentido, afirmou que “expansión non é só investir máis, senón tamén baixar impostos, como o están a facer en Europa”.

Seguir leyendo