O Parlamento galego demanda ampliar o prazo de alegacións ao proxecto de orde dos novos prezos eléctricos e dos pagos por capacidade

Santiago, 21 de abril de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra dos deputados do PSdeG, a través da que se solicita que o Goberno central amplíe o prazo de alegacións ao proxecto de orde dos novos prezos eléctricos e dos pagos por capacidade que se aplicarán a partir do vindeiro 1 de xuño, de xeito que os axentes poidan analizalo en profundidade e formular as correspondentes alegacións.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide a Goberno central e Comisión Europea medidas de protección do marraxo que non supoñan quebranto económico da flota

Santiago, 20 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central e á Comisión Europea a análise de medidas de protección do marraxo dientuso que non leven ao quebranto económico da flota e que teñan en conta todas as medidas de xestión sostible que as diferentes organizacións rexionais de pesca e a Unión Europea teñen adoptado en favor desta especie.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central a mellora da liña de ferrocarril Ferrol-Xixón

Santiago, 15 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que continúe coas melloras iniciadas no ferrocarril Ferrol-Xixón, contemplando actuacións nos seguintes ámbitos: limpeza, roza e mellora da liña; mantemento e mellora das estacións; estudio de posibles novas estacións e apeadoiros en función da demanda; mellora progresiva do material rodado; e revisión das frecuencias actuais conforme á recuperación da demanda. Así mesmo, demándase o establecemento de procedementos claros de actuación no caso de que se produza calquera tipo de incidencias nos que primen a calidade do servicio e o confort do usuarios.

Seguir leyendo