20, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “o cartel electoral co que se vai presentar Pedro Sánchez en Galicia nas vindeiras Eleccións Xerais vai ser, dun lado, os 700 millóns que nos adebeda e, do outro, o 30% do fondos que nos quería recortar nos seus Orzamentos fallidos para poder subirlle un 60 a Cataluña”. “Este é un legado que Galicia non merece dun presidente que Galicia non necesita”, engadiu.
Jacobo Moreira critica que PSOE e BNG “escenifiquen no Parlamento as súas disputas locais cunha iniciativa sobre o transformador do CEIP Barcelos”
Santiago, 20 de setembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira criticou hoxe que “nacionalistas e socialistas escenifiquen no Parlamento galego as súas desavenencias no Goberno local de Pontevedra”, logo de que o Grupo Socialista apoie a reubicación nun novo emprazamento do transformador eléctrico sito do CEIP de Barcelos e o BNG se absteña a esta proposta.
O Grupo Popular reitera a vontade e compromiso da Xunta coa construción do novo centro de saúde de Caldas
Santiago, 19 de setembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Parlamento “a vontade e o compromiso da Xunta de Galicia de construír o novo centro de saúde de Caldas de Reis e o fará no momento que o Concello lle facilite os terreos para o mesmo”.
O Grupo Popular demanda axilidade ao Concello de Porriño na cesión dos terreos necesarios para a ampliación do centro de saúde
Santiago, 19 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo demandou hoxe no Parlamento “axilidade ao Concello de Porriño para que proceda á cesión dos terreos necesarios que fagan posible a ampliación do centro de saúde”. “Cando hai vontade, seriedade para asumir as responsabilidades e se compren os compromisos as obras chegan a bo termo, como esperemos aconteza co centro de saúde de Porriño”, manifestou.
O Grupo Popular subliña “o claro compromiso do Goberno galego coa cidade de Pontevedra”
Santiago, 18 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Maribel Novo subliñou hoxe no Parlamento “o claro compromiso do Goberno galego coa cidade de Pontevedra, cunha aposta e avances en múltiples proxectos que se están a executar gracias ao entendemento entre a Xunta e o Concello”.
O PPdeG afirma que Galicia terá un fiscal delegado contra a corrupción se así o decide a Fiscalía Xeral do Estado
Santiago, 18 de setembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe no Parlamento galego que “Galicia terá un fiscal delegado contra a corrupción se así o decide a Fiscalía Xeral do Estado, e chegado ese momento esta decisión contará co apoio leal da Xunta”.
O Parlamento demanda prohibir a publicidade do xogo on line e presencial na radio e televisión galegas
Santiago, 18 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a prohibir totalmente a publicidade do xogo on line e do xogo presencial de competencia autonómica na radio e a televisión de Galicia, independentemente do horario ou a concreta programación de que se trate. Ademais, acordouse instar ao Goberno do Estado para que faga o mesmo no ámbito da súa competencia.
Pedro Puy amosa a disposición do PPdeG para pactar medidas útiles que preveñan a violencia de xénero
Santiago, 17 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou hoxe que “todas as forzas políticas do Parlamento galego deberían comprometerse a rematar o ditame da Comisión non permanente de igualdade entre os homes e as mulleres, co obxectivo de adaptar a normativa existente ás necesidades e a realidade social actual, incluída a violencia de xénero. Neste sentido, avanzou a “predisposición do Grupo Popular para pactar medidas útiles que preveñan a violencia de xénero e contribúan a que as circunstancias das vítimas sexan o menos desfavorables posibles”.
Pedro Puy considera “lamentable” a resposta do Goberno socialista á reivindicación dos 700 millóns que lle debe a Galicia
Santiago, 17 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe que “abordamos o Debate sobre o Estado da Autonomía coa intención de render contas de como están as cousas na Comunidade galega e das accións que ten desenvolvido o Goberno galego, ao tempo que formular ideas e iniciativas, en base ao que xa fixemos, para o futuro”.
Puy afirma que “afrontamos o Debate da Autonomía coa vista posta no futuro e cunha proposta viable, realista e centrada nos problemas de Galicia”
Santiago, 16 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “afrontamos o Debate sobre o Estado da Autonomía conscientes de que temos un balance que render á sociedade galega e coa vista posta na Galicia do futuro, cunha proposta política viable, realista, e centrada nos problemas que ten Galicia, comprometidos sempre coa estabilidade”.