Santiago, 16 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “afrontamos o Debate sobre o Estado da Autonomía conscientes de que temos un balance que render á sociedade galega e coa vista posta na Galicia do futuro, cunha proposta política viable, realista, e centrada nos problemas que ten Galicia, comprometidos sempre coa estabilidade”.
Pedro Puy iniciou a súa comparecencia ante os medios de comunicación amosando a súa “firme condena” do crime machista acontecido esta mañá en Valga. Neste sentido, indicou que “hai que deixarse de tonterías en relación co nome que lle damos a este tipo de sucesos, que non é outra cousa que unha execrable violencia machista”.
Deste xeito, manifestou que “toda a sociedade ten que traballar arreo para que as mulleres que poidan ser vítimas desta violencia teñan o apoio, confianza, protección e axuda de todos nós”.
BALANCE QUE RENDER
Respecto da solicitude do Goberno galego para a celebración do Debate sobre o Estado da Autonomía, o portavoz popular lembrou que “o regulamento marca que ten que ser de carácter anual” e apuntou que “hai un lixeiro adianto ao prever que se celebre no último pleno do mes de setembro en lugar de no primeiro do mes de outubro”.
Puy sinalou que o Goberno galego adoptou esta decisión para “centrar o debate en Galicia e alonxalo da inestabilidade e das incertezas que se están a vivir na política nacional”. “Non sabemos se vai haber un novo goberno ou vai haber eleccións, pero en ambos casos o máis razoable é intentar separar estes acontecementos dun debate sobre política xeral de Galicia”, engadiu.
Así mesmo, Puy avanzou que “afrontamos este debate conscientes de que temos un balance que render e de que ese balance non é máis que a proba de que seremos capaces de afrontar os retos do futuro”. Neste sentido, apuntou que “hai algúns plans xa a curto prazo, pero, como xa avanzou o Presidente Feijóo no último Pleno, o que nos interesa nestes tempos de curtoplacismo é levantar a vista e comezar a pensar na Galicia da próxima década, nun contexto económico e social que ten variado moito”.
“Se o argumento é que se trata de interferir cunha situación de inestabilidade e incerteza, é evidente que canto máis cerca sexa este debate dunhas posibles eleccións xerais máis interferencias haberá”, afirmou.
O razoable tendo en conta a incerteza a nivel do congreso e a configuraci´no do Goberno de Esapaña o razoalbe é alonxalo dunhas eventuais eleccio´ns ou de que se produza unha coalización para a formación do gboerno.