Feijóo chama á unión do voto no PP como única forma para evitar un Goberno de Sánchez e os seus socios

6, abril, 2019.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que unha maioría ampla no Partido Popular é o que precisa Galicia e o que é bo para España e que, deste xeito, haberá máis xestión, máis oportunidades, máis emprego e menos impostos. Por iso, indicou que ningún voto que prefira outro goberno pode quedar sen escano e apelou á unión nas urnas para acadar así unha maioría ampla de escanos no Congreso e no Senado.

Seguir leyendo

Feijóo di que está en xogo ter un goberno de España útil para Galicia e que cumpra os seus compromisos

4, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que o próximo 28 de abril está en xogo ter un goberno de España útil para Galicia que cumpra, que respecte aos galegos e que nunca se dea por satisfeito ata cumprir cos seus compromisos. Así, apuntou que, despois dos moitos esforzos dos últimos anos e de que o país saíra adiante, non se lle pode entregar o país a Pedro Sánchez e aos seus socios: “O que falta para fundir España é ter a Pedro Sánchez como presidente e a Pablo Iglesias como vicepresidente”.

Seguir leyendo

O PPdeG defenderá no Pleno que o Parlamento rexeite o cambio de criterio da Avogacía do Estado sobre a prórroga de Ence en Pontevedra

Santiago, 2 de abril de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se expresa o rexeitamento do Parlamento galego ao cambio de criterio da Avogacía do Estado, logo de allanarse dos recursos interpostos contra o acordo do Goberno do Estado respecto da prórroga concedida á empresa Ence en Pontevedra. Así mesmo, o Grupo Popular demandará que o Ministerio de Fomento remita á maior brevidade a Galicia, Asturias e Castela e León o Plan Director para o Corredor do Atlántico, de xeito que poida ser avaliado por estas comunidades autónomas.
Seguir leyendo

O Grupo Popular afirma que “é o Goberno galego o que ten que decidir onde investir os cartos do superávit”

Santiago, 1 de abril de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe que “Galicia ten unhas necesidades e é o Goberno galego o que ten que decidir onde investir os cartos do superávit de 2018”. “Pedro Sánchez non pode dicir onde ten que investir Galicia, máxime cando non coñece as necesidades desta comunidade porque foi a única que non visitou como Presidente do Goberno “, apuntou.
Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno do Estado e ao Congreso que establezan unha definición de vivenda baleira

Santiago, 29 de marzo de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita que desde o Goberno do Estado ou desde o Congreso se introduza na normativa básica estatal a definición e delimitación de vivenda baleira, de xeito que se posibilite a aplicación polos concellos dos recargos que prevé a Lei reguladora de facendas locais.
Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Fomento o remate dos tramos Arzúa-Melide e Melide-Palas de Rei da A-54 no ano 2020

Santiago, 29 de marzo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto favorable do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento axilidade na execución das obras pendentes da autovía A-54 entre Santiago e Lugo, co obxectivo de que o treito Lavacolla-Arzúa poida estar finalizado no primeiro semestre de 2019 e que os tramos Arzúa-Melide e Melide-Palas de Rei se rematen no ano 2020.
Seguir leyendo