Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira acusou hoxe a En Marea de pretender derrogar a lei 1/2012 de medidas temporais en determinadas materias de emprego público “que permitiu facer fronte á crise económica e reducir o déficit público para conseguir unha situación de equilibrio sen menoscabar a prestación dos servizos públicos esenciais”.
O pleno do Parlamento aproba a Conta Xeral da Xunta de 2015
Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Conta Xeral da Xunta de 2015. Así mesmo, aprobáronse as resolucións do Grupo Popular, a consecuencia dos informes de fiscalización, para que Galicia continúe a ser unha das comunidades autónomas con maior esforzo inversor, completar a redución da débeda dos entes públicos, seguir reducindo o déficit público e incrementar a transparencia.
O PPdeG demandará no pleno que se presente o balance do III Plan director de cooperación galega e elabore o IV Plan para os anos 2018-2021
Santiago, 19 de febreiro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe que o PPdeG defenderá no Pleno que a Xunta a presente o balance do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, ao tempo que elabore o IV Plan para os anos 2018-2021. Así mesmo, pedirá que inclúa a construción modular de vivendas dentro do seu programa de vivenda de promoción pública.
Pedro Puy salienta a «responsabilidade,visión de Estado e defensa de Galicia» de Feijóo nas reunións con presidentes doutras comunidades sobre financiamento
Santiago, 19 de febreiro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe “a responsabilidade, visión de Estado e defensa dos intereses de Galicia” que presiden as reunións que o Presidente da Xunta está a celebrar con outros presidentes de comunidades autónomas para abordar a reforma do financiamento autonómico.
Tellado cre que o BNG propón un cambio da Lei electoral que converta os seus cada vez menos votos en máis escanos
Santiago, 16 de febreiro de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, apuntou esta mañá que o BNG propón un cambio da Lei electoral para converter os seus cada vez menos votos en máis escanos, despois de moito tempo celebrando os seus peores resultados en décadas.
Julia Rodríguez demanda á Xunta que remate o Plan de mellora do Hospital comarcal de Monforte para definir as súas necesidades e planificar a súa execución
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez demandou hoxe no Parlamento que a Xunta remate o Plan de mellora do Hospital comarcal de Monforte, para definir as súas necesidades e planificar a súa execución. Rodríguez salientou que “desde o ano 2012 lévanse investidos neste hospital comarcal máis de un millón de euros, tempo no que tamén se realizaron cerca de 10.500 actos asistenciais por facultativos do Hospital Lucus Augusti de Lugo evitando desprazamentos dos pacientes á capital lucense”.
Pardo considera que Lores xa non é capaz de diferenciar a Casa do Concello da sede do BNG
Pontevedra, 15 de febreiro 2018.- O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, denunciou hoxe nunha rolda de prensa en Pontevedra que o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, xa “non é capaz de diferenciar a Casa do Concello da sede do BNG”.
O PPdeG reitera a necesidade de que a Xunta delimite a zona con máis posibilidade de supoñer risco de exposición crónica ao lindano en Porriño e Mos
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Parlamento que a Xunta delimite a zona con máis posibilidades de supoñer un risco de exposición crónica ao lindano á poboación residente de Porriño e Mos, realizar unha avaliación deste risco coas analíticas ou probas que a evidencia científica considere indicadas nestes casos, e ofertar un seguimento da evolución dos mesmos no tempo ata a súa normalización.
O Parlamento insta á Xunta a promover a instalación de cambiadores de bebé en localizacións unisex para o seu uso tanto por parte dos pais como das nais
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a promover a instalación nos edificios públicos da súa competencia de cambiadores de bebé en localizacións unisex, co fin de que podan utilizarse tanto por parte dos pais como das nais.
O Parlamento insta á xunta a iniciar os traballos para a elaboración dunha nova Lei de xogo de Galicia
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a iniciar os traballos para a elaboración dunha nova Lei de xogo que substitúa a normativa en vigor e actualice os seus preceptos recollendo as necesidades da sociedade dos nosos días, mantendo os imprescindibles controis que corresponden á Administración e na procura da consecución dunha conciencia xeral do que se entende como xogo responsable.