Santiago, 15 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central o incremento do continxente de lombos de atún Erga Omnes da Unión Europea para o período 2019-2021, de 25.000 a 36.000 toneladas, para a industria conserveira.
O Grupo Popular reitera que “as cousas vanse seguir facendo con esixencia máxima” respecto do proxecto da mina de Touro-O Pino
Santiago, 15 de xuño de 2018.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado trasladou hoxe “a seguridade á cidadanía de que as cousas se van seguir facendo con esixencia máxima, tanto na tramitación como nos controis das augas” respecto ao proxecto da mina de Touro e O Pino. Neste sentido, lamentou que os grupos da oposición “estean xa en campaña electoral, creando medo e alarmismo entre a xente na busca de réditos electorais”.
Tellado: «O Pedro Sánchez de 2015 pediría a dimisión do Pedro Sánchez de 2018»
15, xuño, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que “se a aposta pola rexeneración política de Sánchez era nomear ministros a un defraudador fiscal e a un imputado debería ir pensando en facerse unha moción de censura a si mesmo”. «O Pedro Sánchez de 2015 pediría a dimisión do Pedro Sánchez de 2018», subliñou.
O PPdeG pide ao Concello de Poio que clarexe a localización da depuradora para continuar a humanización dos portos de Covelo e Raxó
Santiago, 14 de xuño de 2018.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, demandou hoxe no Parlamento ao Concello de Poio que “clarexe a localización da nova depuradora, de xeito que posteriormente Portos de Galicia poida levar adiante os proxectos de reordenación dos portos de Covelo e Raxó”.
O Parlamento solicita ao Concello de Vigo que ceda os terreos que permitan humanizar a Avenida de Castrelos e os accesos ao Hospital Álvaro Cunqueiro
Santiago, 14 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Concello de Vigo que realice as xestións necesarias para obter os terreos municipais que permitan a humanización da Avenida de Castrelos, no treito inicial da PO-330, de xeito que a Xunta poida executar esta actuación de mellora dos accesos ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro.
O Parlamento demanda á Xunta que reabra de inmediato a base de helicópteros de Vilanova en O Barco
Santiago, 14 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Consellería do Medio Rural a que, unha vez finalizadas as xestións cos respectivos propietarios dos terreos e demais entes implicados, a efectos de declarar o seu uso exclusivo, reabra de xeito inmediato a base de helicópteros de Vilanova no Barco de Valdeorras para o seu uso nesta temporada de incendios.
O Grupo Popular asegura que “imos seguir pedindo ao novo Goberno socialista as mesmas demandas que ao PP respecto da AP-9”
Santiago, 14 de xuño de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, asegurou hoxe no Parlamento que, en materia da AP-9, “imos seguir pedindo ao novo Goberno socialista as mesmas demandas que facíamos ao Goberno do PP: o traspaso da titularidade desta autopista, o mantemento da Comisión Mixta Xunta-Ministerio e as súas reunións periódicas, a prestación dun servizo de calidade e a adopción de medidas ante situacións excepcionais no caso de retencións”.
O Grupo Popular demanda ao Concello de A Coruña que se implique no proceso de definición das novas liñas de transporte metropolitano
Santiago, 14 de xuño de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento que o Concello de A Coruña se implique no proceso participativo que abriu a Xunta de Galicia no mes de abril para a definición das novas liñas de transporte público metropolitano, co obxectivo de que se adapten máis ás necesidades dos veciños.
O Grupo Popular demanda que a Xunta incorpore á reforma da PO-403 as suxestións recibidas no proceso de información pública
Santiago, 14 de xuño de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta incorpore ao proxecto de reforma da estrada comarcal PO-403, dentro das súas posibilidades, as suxestións recibidas no proceso de información pública, co obxectivo de mellorar tanto a seguridade viaria como dos peóns.
O PPdeG defende o modelo de organización do centro de saúde de Cambados acordado entre médicos e Consellería de Sanidade
Santiago, 13 de xuño de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, criticou hoxe no Parlamento que o BNG “pretenda botar abaixo o sistema organizativo do centro de saúde de Cambados acordado entre os médicos e a Consellería, para abrir as quendas de mañá e tarde sen posibilidades de substitucións por falta de persoal”.