Santiago, 6 de xuño de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Concello de Santiago que inicie, o antes posible, a redacción do proxecto de accesos que garanta a funcionalidade á nova estación de autobuses a partir da rúa Clara Campoamor. “É preciso que o Concello lle dea un pulo a esta infraestrutura e coordine co resto de administracións as diferentes actuacións, nun exercicio de responsabilidade e cooperación institucional”, indicou a deputada popular María Antón Vilasánchez.
O Grupo Popular lembra que a planificación de camas hospitalarias no verán faise en función das necesidades asistenciais
Santiago, 6 de xuño de 2018. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, manifestou hoxe no Pleno do Parlamento que “unha correcta planificación de camas habilitadas nos hospitais galegos durante a tempada de verán leva aparellada a adecuación dos recursos ás necesidades asistenciais en cada momento, que se obxectivan cos indicadores asistenciais de anos anteriores”. Así, lembrou que o pasado ano 2017 “estiveron funcionantes o 88,9 por cento das camas hospitalarias galegas, fronte a unha ocupación media do 76,1 por cento”.
O Parlamento insta á Xunta a fomentar e acoller, de xeito complementario ao financiamento público, accións de mecenado que melloren a sanidade
Santiago, 6 de xuño de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, paralelamente ao investimento público en tecnoloxía sanitaria, fomente e acolla de xeito complementario todas aquelas accións de mecenado que redunden nunha mellora do servizo ao paciente.
Tellado: “Zapatero duplicou o número de parados e Rajoy deixa un país que crea medio millón de empregos ao ano”
Santiago, 5 de xuño de 2018. O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lembrou este martes no Parlamento que “mentres Zapatero duplicou o número de parados, Rajoy deixa un país que crea medio millón de empregos ao ano”. Fíxoo lembrando as palabras da portavoz parlamentaria no Congreso, Margarita Robles, que durante a moción de censura dixo que o modelo de Goberno de Pedro Sánchez será o mesmo có de José Luis Rodríguez Zapatero.
O Grupo Popular defende a necesidade de reformular o tránsito profesional entre a xustiza e a política
Santiago, 5 de xuño de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, defendeu hoxe no Parlamento “a necesidade de reformular as condicións de tránsito profesional entre a xustiza e a política para evitar as portas xiratorias política-xustiza, a fin de fortalecer a percepción da independencia xudicial sen menoscabo do dereito a ocupar cargos públicos”. Neste sentido, ofreceu esta tarde unha transacción ao portavoz de En Marea co fin de incluír esta medida na súa proposición non de lei, que será votada na sesión plenaria de mañá, mércores.
O Grupo Popular apoia solicitar ao Goberno central a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal
Santiago, 5 de xuño de 2018. O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal, para avanzar na loita contra a corrupción.
O Grupo Popular apoia solicitar ao Goberno de España medidas para paliar o bloqueo das pensións aos retornados de Venezuela
Santiago, 05 de xuño de 2018. O Grupo Popular apoiou esta tarde no Pleno do Parlamento a aprobación dunha moción dirixida a buscar solucións para os emigrantes galegos retornados procedentes de Venezuela que levan dous anos e medio sen percibir as súas pensións, e que lle corresponde aboar ao Goberno venezolano.
O Grupo Popular demanda a En Marea que “amose nos concellos onde goberna a súa preocupación polo patrimonio do Camiño de Santiago”
Santiago, 5 de xuño de 2018. A deputada do Grupo Popular María Antón demandou hoxe no Parlamento a En Marea, no debate dunha moción sobre a protección do patrimonio cultural do Camiño de Santiago, que “amosen ese interese nos concellos onde gobernan para facer bo o dito de que valen as obras, non as palabras”.
O PPdeG cre que se podería incorrer en prevaricación de atender a demanda de En Marea para retirar expedientes sancionadores a persoal sanitario
Santiago, 5 de xuño de 2018. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, considerou hoxe que “se podería incorrer en prevaricación atendendo a demanda de En Marea para que a Xunta retire os expedientes sancionadores abertos iniciados contra auxiliares de clínica do Hospital Álvaro Cunqueiro ao marxe dos procedementos establecidos e sen analizar os graves feitos que causaron prexuízos aos pacientes por non recoller e transportar as bolsas de roupa sucia nas habitacións, boxes de UCI e portas de quirófano”.
O PPdeG defende a autonomía das universidades galegas para adoptar medidas en materia de igualdade
Santiago, 5 de xuño de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe no Parlamento que o BNG pretenda “entremeterse nas competencias das universidades obrigándoas a adoptar medidas en materia de igualdade”. “O Goberno galego non pode interferir nin impoñer ás universidades accións para paliar as desigualdades no eido profesional e académico”, apuntou.
Paula Prado explicou que, da análise dos distintos estudos existentes a nivel nacional e galego sobre a igualdade de xénero e a ciencia, “constátase que determinadas profesións teñen infrarrepresentación de mulleres; que a proporción de mulleres diminúe cando aumenta o nivel de representatividade; que a presenza de mulleres diminúe se se considera tamén o nivel de idade; ou que o número de mulleres investigadoras que son nais tamén diminúe”.