Pedro Puy cualifica de «frutífero» o debate dos orzamentos da Xunta para 2018

Santiago, 17 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “frutífero” o debate xeral dos orzamentos da Xunta para 2018, que o vindeiro martes serán debatidos para a súa aprobación definitiva polo Pleno do Parlamento. Nunha entrevista na Cadena SER, Puy indicou que no Partido Popular “estamos abertos a reformas da Constitución” sempre “que haxa consenso”, porque “a idea é que sexa un marco que todos aceptemos como regras de xogo”.

Seguir leyendo

O Parlamento pide ao Ministerio de Agricultura a liberalización das soltas e da produción do insecto que combate a praga da avespa do castiñeiro

Santiago, 15 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se pide ao Ministerio de Agricultura un incremento substancial das soltas experimentais do insecto parasitoide Torymus sinensis co obxectivo de loitar biolóxicamente contra a praga da avespa do castiñeiro. Así mesmo, de cara ao futuro e de acordo cos produtores de castaña, demándase ao Ministerio a liberalización das soltas e da produción de Torymus sinensis.

Seguir leyendo

O Parlamento insta á Xunta a manter o seu apoio á cultura mariñeira, con especial fincapé na súa declaración como BIC

Santiago, 14 de decembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a continuar apoiando a cultura mariñeira, concretamente as embarcacións tradicionais e as carpinterías da ribeira, como posta en valor do patrimonio cultural e histórico de Galicia, con especial fincapé na declaración deste eido patrimonial como ben de interese cultural.

Seguir leyendo

O Parlamento solicia á Xunta que planifique iniciativas para celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural en 2018

Santiago, 14 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta a planificar e programar as iniciativas precisas para celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural en 2018, mediante accións que permitan promover o debate e sensibilizar á sociedade galega arredor da importancia e valor do patrimonio cultural galego, e transmitir os valores da diversidade e do diálogo intercultural.

Seguir leyendo