Santiago, 25 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a disposición do PPdeG para chegar a un acordo no Pleno desta semana e sacar adiante unha proposición non de lei para a realización dun informe xurídico e histórico que permita ver que vías existen para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.
O PPdeG solicita que a Comisión Mixta Xunta-Fomento estude na vindeira reunión a supresión da peaxe de Rande na AP-9
Santiago, 23 de setembro de 2017.- O Grupo Popular vén de presentar unha proposición non de lei a través da que solicita que na próxima reunión da Comisión Mixta para a xestión da AP-9 entre a Xunta e o Ministerio de Fomento se estuden a supresión da peaxe de Rande en condicións equiparables ao establecido para o tramo entre Vigo e o Morrazo.
Seguir leyendo
Feijóo afirma que Novas Xeracións debe ser “un referente para as mozas e mozos que non calan ante o pensamento único”
Santiago, 23 de setembro de 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que Novas Xeracións de Galicia debe ser “un referente para as mozas e mozos que non calan ante o pensamento único”, facendo referencia ao populismo e ao separatismo que pretende dividir a sociedade.
Feijóo e Albor participarán no Congreso de NN.XX. no que tamén se celebrará o aniversario da vitoria nas autonómicas de 2016
Santiago, 22 de setembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou esta mañá que Alberto Núñez Feijóo e Xerardo Fernández Albor participarán no X Congreso autonómico de Novas Xeracións de Galicia no que tamén se celebrará o aniversario da vitoria nas pasadas eleccións autonómicas de 2016.
Seguir leyendo
O PPdeG apoia demandar ao Goberno central o nomeamento de xuíces substitutos que atendan as situacións de colapso nos xulgados galegos
Santiago, 22 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que consigne unha dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces substitutos para o que queda de ano, que permitan atender as situacións de colapso máis urxentes e aquelas que teñen impacto específico na loita contra a violencia de xénero.
Seguir leyendo
Raquel Arias asegura que o compromiso do Goberno galego coa nosa lingua «está fora de dúbida e así o avalan os datos»
Santiago, 22 de setembro de 2017.- Raquel Arias salientou que o compromiso da Xunta na promoción e fomento do galego “está fora de dúbida, tanto no que atinxe á súa política lingüística como á encomenda que a propia Lei de normalización lingüística fai á CRTVG como instrumento difusor e promotor da lingua e a cultura galegas”.
O PPdeG critica que a oposición pretenda beneficiar aos emigrantes retornados que non tributaron polas súas pensións en detrimento dos que si o fixeron ou dos propios pensionistas españois
Santiago, 22 de setembro de 2017.- O portavoz de Facenda do Grupo Popular, José González Vázquez, criticou hoxe que a oposición pretenda “beneficiar aos emigrantes retornados que non tributaron polas súas pensións, en detrimento doutros pensionistas retornados que si tributaron e dos propios pensionistas españois, aos que xa se lles practican as correspondentes retencións”.
Seguir leyendo
Raquel Arias cualifica de «excelente oportunidade» que a Xunta iniciara os trámites para declarar como BIC a Ribeira Sacra
Santiago, 22 de setembro de 2017.- Raquel Arias cualificou de unha “excelente oportunidade” que a Xunta iniciara onte os trámites para declarar a Ribeira Sacra ben de interese cultural (BIC), “paso previo e necesario”, segundo dixo, para converterse en Patrimonio da Humanidade.
O GPP salienta que nunca antes os autónomos galegos tiveron un marco de apoio mellor
Santiago, 22 de setembro de 2017.- A portavoz de Comercio do Grupo Popular, Cristina Romero, afirmou hoxe no Parlamento que “os traballadores autónomos galegos saben que nunca tiveron un marco de apoio mellor”, e apuntou que “hoxe temos menos autónomos que actúan como persoas físicas, que traballan sen asalariados ou que teñen máis de 55 anos”.
O GPP apoia demandar ao goberno central que regule a relación comercial entre editoras, distribuidoras e vendedores de prensa escrita
Santiago, 21 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central para que regule a relación comercial entre empresas editoras, empresas distribuidoras e vendedores de prensa escrita e revistas, co obxectivo de evitar a conflitividade derivada do abuso de posicións de dominio e prácticas de tipo monopolista que se producen no sector.