Santiago, 21 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a colaborar coa asociación promotora do evento e co Concello de Ribadeo para que a Romaría das Cruces, que cada ano se celebra nesta localidade da Mariña lucense, poida obter a declaración de Festa de Interese Turístico Galego.
O PPdeG salienta que este ano incrementouse un 11% o número de persoas mozas participantes nos campamentos de verán
Santiago, 20 de setembro de 2017.- A portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Sandra Vázquez, salientou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia incrementou este ano un 11 por cento o número de participantes no programa de actividades de verán dirixido á mocidade galega, chegando a máis de 9.500 mozos e mozas.
Seguir leyendo
O GPP critica que a oposición rexeite apoiar o impulso da negociación colectiva en Galicia
Santiago, 20 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei a través da que se insta ás organizacións sindicais e empresariais de Galicia a establecer un acordo marco sobre a estrutura e contidos da negociación colectiva que contribúa a mellorar as condicións laborais dos traballadores. O viceportavoz popular, Miguel Tellado, criticou a negativa dos grupos da oposición a apoiar esta iniciativa, reprochándolles que “a súa única proposta en materia de emprego é derrogar as reformas que nos fixeron saír da crise”.
O PPdeG afirma que Xunta rematará nas vindeiras semanas o Plan Funcional e de Espazos que determinará o modelo de asistencia sanitaria integral para Lalín
Santiago, 20 de setembro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe que a Consellería de Sanidade rematará nas vindeiras semanas o Plan Funcional e de Espazos de Lalín, que determinará o modelo de asistencia sanitaria integral para Lalín. “Será un novo edificio na parcela cedida polo Concello lalinense, que estará de acordo co convenio asinado no seu día polo Goberno do Partido Popular de Lalín e que, sen dúbida mellorará a asistencia sanitaria de toda a cidadanía da comarca de Deza”, asegurou.
Seguir leyendo
O GPP salienta que os médicos galegos incrementaron as súas retribucións en 2017 arredor de 3.300 euros e o persoal de enfermería uns 800 euros
Santiago, 20 de setembro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, indicou esta mañá no Parlamento que os médicos galegos incrementaron as súas retribucións arredor de 3.300 euros neste 2017, mentres que o persoal de enfermería sumou uns 800 euros máis respecto do pasado ano. “A situación laboral e retributiva para o persoal do Sergas ten mellorado con respecto aos anos máis duros da crise e confiamos en que o siga facendo nos vindeiros anos”, sinalou.
O Grupo Popular defenderá no pleno a realización dun estudo xurídico sobre a posibilidade de que o Pazo de Meirás se incorpore ao patrimonio público galego
Santiago, 19 de setembro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que solicita a realización dun estudo xurídico que analice a posibilidade e os mecanismos legais que permitan incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público. Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, tamén avanzou que o Debate sobre o Estado da Autonomía celebrarase os días 4, 5 e 6 de outubro.
Adrián Pardo presenta os avais que formalizan a súa candidatura ao X Congreso autonómico de Novas Xeracións
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017.- O candidato ao X Congreso autonómico de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, presentou esta tarde os avais que formalizan a súa candidatura, un total de 247.
Seguir leyendo
O proxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía chega co 80 por cento articulado pactado e servirá de referencia o resto de España
Santiago, 18 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana acollerá o debate para a aprobación do proxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía. Puy salientou que “chega á sesión co 80 por cento do articulado pactado entre todos os grupos parlamentarios” e indicou que “servirá para que a protección dos animais en Galicia sexa unha referencia para o resto de España”.
Seguir leyendo
Albor, a Feijóo: “A política mereceu a pena”
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2017.- O Partido Popular de Galicia ven de publicar o vídeo da conversa mantida entre o presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de honra, Xerardo Fernández Albor.
Feijóo cre que “A Coruña está perdendo oportunidades por unha xestión municipal entre mala e inexistente”
A Coruña, 15 de setembro 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou este venres na pulpada organizada polo PP de A Coruña na cidade herculina ante máis de 300 simpatizantes, nos que celebrou ver a un partido que “está vivo e ten moitas ganas”.
Seguir leyendo