Santiago, 22 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, co apoio do PSdeG e co voto en contra de En Marea e BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado que impulse as medidas necesarias para a celebración o 6 de decembro de 2018 do 40 aniversario da Constitución Española de 1978.
O PPdeG avoga porque as universidades introduzan a loita contra violencia de xénero enter as materias do máster universitario para o exercicio da docencia
Santiago, 21 de novembro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, avogou hoxe no Parlamento porque as universidades galegas, “en exercicio da súa competencia e da súa vontade, estuden e decidan a ideoneidade de proceder á modificación dos planos de estudo do máster universitario que habilita para o exercicio da profesión docente co obxectivo de introducir unha materia específica en relación coa loita contra a violencia de xénero”.
Marián García sinala á oposición que «se equivocan de inimigo se entran na triste dinámica de valorar e comparar o compromiso contra a violencia machista»
Santiago, 21 de novembro de 2017.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, asegurou hoxe no Parlamento que os grupos da oposición que “se equivocan de inimigo se entran na dinámica tan triste de valorar e comparar o compromiso contra a violencia machista de uns e doutros”. “Nós non dubidamos nin por un segundo da boa vontade de todos os grupos parlamentarios na loita contra a violencia de xénero”, manifestou.
O PPdeG critica a incongruencia do PSOE ao pedir que se prive ás catedrais de cobrar entrada para o seu mantemento e ao mesmo tempo que a Xunta actúe na súa recuperación
Santiago, 21 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez criticou hoxe a “incongruencia” do Grupo Socialista ao solicitar que a Xunta “prive aos cabidos das catedrais o establecemento dunha entrada que xere recursos para o financiamento destes inmobles” e ao mesmo tempo estea a pedir que a Xunta actúe na recuperación deste patrimonio privado”.
O PPdeG avoga por analizar todas as propostas dos Grupos e a Xunta para consensuar medidas para un monte rendible, multifuncional e sustentable
Santiago, 21 de novembro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, avogou hoxe no Pleno do Parlamento porque “dentro do plan traballo da recentemente creada Comisión de estudo sobre a política forestal e a loita contra os incendios forestais se teñan en conta, ademais das medidas anunciadas pola Xunta de Galicia, todas as propostas de todos os grupos parlamentarios para consensuar unhas medidas que fagan o noso monte rendible, multifuncional e sustentable, contribuíndo deste xeito á dinamización do medio rural”.
O Grupo Popular reitera o seu compromiso cunha regulación laboral que evite os abusos e incuprimentos na xornada dos traballadores
Santiago, 21 de novembro de 2017.- O viceportavoz parlamentario do Grupo Popular, Miguel Tellado, reiterou este martes no Parlamento o compromiso do Grupo Popular cunha regulación laboral que evite os abusos e incumprimentos na xornada dos traballadores.
Paula Prado asegura que a Lei de acompañamento permitirá novas baixas impostos, ampliar permiso maternidade e favorecer a protección e prevención forestal
Santiago, 20 de novembro de 2017.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que a aprobación da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2018 permitirá “poñer en marcha novas baixadas de impostos; ampliar o permiso de maternidade e paternidade para os empregados públicos ata as 22 semanas; ou favorecer o cumprimento das esixencias legais por parte das administracións na protección e prevención forestal”.
Miguel Tellado repróchalle á oposición a súa «falta de rigor, improvisación e irresponsabilidade» na presentación das súas emendas parciais
Santiago, 20 de novembro de 2017.- O viceportavoz parlamentario do Grupo Popular, Miguel Tellado, reprochoulle este luns á oposición no Pleno do Parlamento a súa “falta de rigor, improvisación e irresponsabilidade” na presentación das emendas parciais aos orzamentos da Xunta para 2018.
Pedro Puy: «Ambicionamos uns orzamentos sostibles, coa débeda controlada, que invistan con aforro e coa prioridade no social, a sanidade e a educación»
Santiago, 20 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe no Parlamento que “ambicionamos que os orzamentos da Xunta para 2018 sexan sostibles ao longo do tempo, que a débeda non se incremente máis do necesario, que o investimento sexa con aforro e non con débeda; que medre o PIB; e que teñan como prioridade o social, a sanidade e a educación”.
No debate de totalidade das contas públicas para 2018, Puy iniciou a súa intervención felicitando ao equipo da Consellería de Facenda e ao conselleiro porque en menos de un ano foron quen de presentar nesta Cámara dous orzamento, dúas leis de medidas fiscais que acompañan aos orzamentos e unha lei de impulso económico. “Isto demostra a capacidade de traballo e a importancia da estabilidade política, que se traduce en certidume para os axentes económicos”, apuntou.
Pedro Puy considerou “axeitado” este orzamento porque “centra as prioridades no incremento do gasto, principalmente social; no investimento; e garante a sostibilidade do Estado de Benestar”. Neste sentido, salientou que “Galicia está con máis igualdade despois da crise que a media da Unión Europea e de España: 0,29 fronte a 0,35 e 0,31 no índice de Gini”, concretou
PLENA AUTONOMÍA
Na súa intervención, o portavoz popular salientou que os orzamentos “esgotan o teito de gasto, medra o gasto social e o investimento, cun endebedamento mínimo”. Ademais, afirmou que “seguimos tendo plena autonomía de gasto respecto da Administración central, ao tempo que temos apoio financeiro do Estado a custe practicamente cero como consecuencia de ser unha comunidade autónoma cumpridora”.
Puy sinalou que “non nos gustan as propostas da oposición”, a quen cualificou como “nostálxicos da burbulla inmobiliaria” por ambicionar “uns orzamentos inflados como os que fixeron en 2009, que provocaron que teñamos que pagar 1.600 millóns de euros polas liquidacións negativas e outros 900 millóns de euros que deixaron de débeda naquel ano”.
“Nós ambicionamos que os orzamentos sexan sostibles ao longo do tempo, para poder financiar o gasto social; que a débeda non se incremente máis do necesario, porque iso pode lastrar a recuperación futura e non debemos deixar débedas ás novas xeracións; que o investimento se faga con aforro e non con débeda; que medre o PIB, coa creación de emprego e o crecemento das empresas; e que sexan ambiciosos no social, a sanidade e a educación”, apuntou.
Puy afirma que as emendas aos orzamentos dotan á Xunta e concellos de instrumentos para facer máis rendible e menos susceptible de incendios o monte galego
Santiago, 19 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que as emendas presentadas aos orzamentos para 2018 e ao proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas buscan “un cambio na política forestal, dotando aos concellos e á propia Xunta de instrumentos que permitan limpar, ordenar, facer máis rendible e menos susceptible de incendios o monte galego, facilitando a súa explotación racional”.