Jacobo Moreira demanda que Xunta e concellos de Pontevedra e Soutomaior elaboren un proxecto de conservación da contorna da Ponte Sampaio

Santiago, 17 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira demandou hoxe no Parlamento que a Xunta e os concellos de Pontevedra e Soutomaior elaboren un proxecto de conservación, mantemento, limpeza, alumeado e ordenación da contorna da ponte medieval de Ponte Sampaio, involucrando así a todas as administracións cada unha no marco das súas competencias.

Seguir leyendo

O Parlamento insta á Xunta a que impulse a difusión da figura de Educardo Pondal con motivo do centenario do seu pasamento

Santiago, 16 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a que, con motivo do cumprimento do centenario do falecemento do escritor Eduardo Pondal, lle dea continuidade ás iniciativas de difusión e conmemoración da figura e da obra do intelectual, escritor e poeta pontecesán.

Seguir leyendo