Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central para que modifique a normativa actual de xeito que os consumidores coñezan os países de orixe dos meles envasados en España no caso da comercialización de mesturas de produtos e distintos países de orixe. Así mesmo, solicítase un impulso á promoción do mel producido ao amparo da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.
O Parlamento pide que a Xunta subvencione o custo de realizar os deslindes dos montes veciñais en man común
Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular na que se insta á Xunta de Galicia a que estableza unha liña de axudas que permita ás comunidade dos montes veciñais en man común sufragar o custo de facer os deslindes.
Tellado afirma que o Concello de Ferrol está “secuestrado por unha minoría absoluta”
Ferrol, 16 de marzo de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, continuou este xoves en Ferrol coa rolda de reunións que está a celebrar con agrupacións locais do partido coa vontade de “coñecer de primeira man as necesidades de cada lugar, identificar problemas comúns para dar solucións comúns, e aproveitar as sinerxias”. Así, valorou que o “O PP é o único partido que, respectando as características de cada lugar, pode manter un discurso único en todos eles, e celebrar encontros como este”.
O Grupo Popular demanda «rigor e seriedade» á oposición cando falan dos cortes de electricidade nos temporais
Santiago, 16 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, demandou hoxe “rigor e seriedade” aos grupos da oposición “cando falan dos cortes eléctricos durante os temporais do pasado mes de febreiro, porque só o 10 por cento dos máis de 1,8 millóns de puntos de subministración existentes en Galicia resultaron afectados naqueles días”.
O PPdeG lembra ao BNG que a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo xa está previsto na proposta galega ao pacto estatal
Santiago, 15 de marzo de 2017.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García, criticou hoxe que o BNG pretenda “quitarlle protagonismo á proposta para o Pacto estatal contra a violencia de xénero acordada entre todos os grupos parlamentarios galegos promovendo unha recollida de sinaturas en Lugo para demandar un xulgado de violencia de xénero, cando este pacto xa recolle dotar de xulgados específicos alí onde non os haxa”.
O Parlamento solicita ao Concello de Vigo que mellore servizo e conexións de Teis co Hospital Público Álvaro Cunqueiro
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, solicitar ao Concello de Vigo que mellore o servizo e as conexións de autobús desde o barrio de Teis cara ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro, atendendo así as necesidades dos veciños. A deputada Marián García Míguez criticou que para o Concello de Vigo “haxa cidadáns de primeira e de segunda dependendo de onde viven para que poidan gozar dos medios necesarios e suficientes de acceso aos servizos públicos básicos”.
O Grupo Popular apoia que no vindeiro cumio hispano-luso se acorde modernizar a conexión ferroviaria entre Vigo e Oporto
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se solicita que o Goberno central inclúa no vindeiro cumio hispano-luso un acordo sobre a modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto antes de 2020. En concreto, demándase o impulso do proxecto da saída sur de Vigo, unha alternativa ao paso da vía férrea por Porriño ou a mellora da seguridade do trazado suprimindo os pasos a nivel.
O PPdeG solicita que Fomento dote de conexión ferroviaria ao porto exterior de A Coruña no menor prazo de tempo posible
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento solicitar ao Ministerio de Fomento que axilice o proceso administrativo para a conexión ferroviaria do porto exterior de A Coruña, “tendo presente que xa está previsto que para este verán se entregue á Autoridade Portuaria o proxecto construtivo”.
O Grupo Popular reitera a necesidade de que Fomento modernice a conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol
Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei do Grupo Socialista, “coincidente coas nosas propostas ao demandar a modernización da conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol, de tal xeito que non só se permita conectar a cidade departamental dun xeito rápido e moderno co eixo atlántico ferroviario e co AVE á Meseta, senón que se converta nun importante elemento estruturador metropolitano, mellorando o transporte de cercanías na rexión urbana A Coruña-Ferrol”, sinalou o portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado.
GPP defenderá no pleno que Xunta e Fegamp determinen os investimentos prioritarios en obras hidráulicas e establezan unha tarifa de referencia
Santiago, 14 de marzo de 2017.- A Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) determinen os investimentos prioritarios en materia de obras hidráulicas, establecendo unha estrutura tarifaria de referencia; así como o despregamento de redes de telecomunicación de nova xeración de moi alta capacidade en Galicia, de xeito que antes do 1 de xaneiro de 2020 o 90 por cento da poboación rural galega dispoña de conexión a internet de 30 megabytes.