O Parlamento solitica á Xunta a continuidade da autovía da Costa da Morte entre Baio e a estrada AC-432 en Vimianzo

Santiago, 8 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a darlle continuidade á autovía da Costa da Morte, comezando por unha primeira fase que conecte Baio e a estrada AC-432 en Vimianzo, en dirección a Camariñas. A proposta recolle que este mesmo ano se avance na redacción do proxecto construtivo e se dispoñan as anualidades necesarias nos orzamentos para que esta infraestrutura sexa unha realidade nesta lexislatura. Así mesmo, e logo dunha transacción do Grupo Socialista, incorporouse á proposición non de lei que a Xunta analice a viabilidade de incorporar un enlace co polígono industrial de Vimianzo.

Seguir leyendo

O Parlamento aproba solicita que o Consello Galego de Pesca elabore un informe anual sobre as inquedanzas e problemas do sector pesqueiro

Santiago, 8 de marzo de 2017.- O  Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a promover a elaboración dun informe anual por parte do Consello Galego de Pesca no que plasmar as inquedanzas e problemas do sector pesqueiro galego, así como tamén os obxectivos e liñas de actuación a curto, medio e longo prazo, co fin de mellorar a súa competitividade e sostibilidade.

Seguir leyendo

O Parlamento aproba por unanimidade a nova proposición de lei que demanda a transferencia da AP-9 a Galicia

Santiago, 7 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, a través da que se solicita a transferencia da titularidade e as competencias da AP-9 á Comunidade galega. O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, afirmou que con esta nova proposición “o Goberno central terá menos argumentos para dicir que non á transferencia desta autoestrada”.

Seguir leyendo

O GPP solicita unha desculpa pública á deputada de En Marea que publicou un chío en Twitter «altamente ofensivo para todos os militantes do PP»

Santiago, 6 de marzo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, solicitou hoxe, no nome de todos os deputados e deputadas deste grupo parlamentario, unha desculpa pública á deputada de En Marea que no día de onte publicou un chío en twitter “altamente ofensivo para todos os militantes do Partido Popular”. “Confiamos que se produza esta desculpa, co fin de evitar ulteriores actuacións por parte do noso grupo parlamentario e coa que avanzaríamos bastante nas boas relacións entre os grupos no Parlamento galego”, sinalou.

Seguir leyendo

O Grupo Popular visita a Denominación de Orixe do Ribeiro, nomeada mellor D.O. vitivinícola de España

Santiago, 4 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez,  xunto co tamén deputado popular Cesar Fernandez Gil, visitaron onte o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e felicitaron a esta entidade polo seu recente nomeamento como mellor D.O. vitivinícola de España no concurso convocado pola prestixiosa páxina web verema.com.

Seguir leyendo