Pedro Puy salienta o debate de máis de 420 cuestións no Parlamento nos 125 días da actual Lexislatura

Santiago, 27 de febreiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que desde o inicio da lexislatura, hai pouco máis de 125 días, se teñen debatido no Parlamento galego máis de 420 cuestións, tanto en Pleno como en comisións. En concreto, 228 destes debates foron de control e 185 de impulso ao Goberno galego, dos que máis do 70 por cento foron a iniciativa dos grupos da oposición.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda a posta en marcha de accións de apoio aos neofalances que adoptan o galego como lingua de comunicación

Santiago, 24 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a poñer en marcha accións orientadas a amosar as vantaxes de falar galego e apoiar os neofalantes que están pensando ou xa teñen decidido adoptar o galego como lingua de comunicación. “Estas accións tamén deberán axudar a combater os posibles estereotipos e prexuízos que poidan existir arredor da intencionalidade ou competencia lingüística de quen comeza a utilizar o idioma propio de Galicia, sen ser esta a súa lingua inicial”, manifestou o portavoz de Cultura, César Fernández.

Seguir leyendo

Iniciado nas Rías Baixas un percorrido polas diferentes denominacións de orixe e indicación xeográficas protegidas galegas

Santiago, 23 de febreiro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez,  xunto co tamén deputado popular José Silvestre Balseiros, iniciou esta mañá no Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas unha xira de visita ás diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e recoller as súas propostas para a promoción destes produtos.

Seguir leyendo

Sandra Vázquez salienta que Galicia é a Comunidade Autónoma de onde estan saíndo menos mozos entre 16 e 34 anos

Santiago, 23 de febreiro de 2017.- A portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Sandra Vázquez Domínguez, subliñou esta mañá no Parlamento que “Galicia é a comunidade autónoma de onde están saíndo menos mozos entre 16 e 34 anos: o 2,23 por cento fronte ao 3,31 por cento en España”. Neste sentido, lembrou que o emprego xuvenil “é unha das prioridades do actual Goberno galego” e mostra disto son os máis de 150 millóns que destinou a promover a cualificación e o acceso a un traballo dos menores de 30 anos, conseguindo que no último ano descendera o paro neste sector nun 17 por cento.

Seguir leyendo

O GPP salienta que, pola situación epidemiolóxica actual, non se recomenda a vacinación sistemática contra a meninxite B

Santiago, 23 de febreiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe no Parlamento que “a incidencia da meninxite B a nivel nacional, e tamén en Galicia, nos últimos anos ten unha tendencia descendente” e lembrou que “neste momento, cos aspectos que coñecemos e na situación epidemiolóxica actual, non se recomenda a vacinación sistemática nun programa poboacional, pero si en grupos de alto risco e situacións especiais”.

Seguir leyendo

O GPP acusa ao BNG de renunciar a que todos os veciños da Área Metropolitana de Vigo accedan en condicións de igualdade ao transporte urbano da cidade

Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, acusou hoxe ao BNG de renunciar a que os veciños de todos os concellos da área metropolitana de Vigo accedan en condicións de igualdade ao transporte urbano da cidade viguesa. Neste sentido, cuestionou “por que apoian os veciños de Carballo ou Fene, gobernados polo BNG, utilizan o transporte urbano de A Coruña ou Ferrol, gobernadas pola Marea, nas mesmas condicións que os residentes nestas cidades, e ao mesmo tempo negan esta posibilidade a todos os veciños da área metropolitana”.

Seguir leyendo