Santiago, 1 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez criticou a “frivolidade” amosada polo BNG esta tarde no Parlamento “ao solicitar que a Xunta dedique recursos públicos á conservación, mantemento e restauración de bens integrantes do patrimonio cultural galego que son de titularidade privada”.
O GPP defenderá no pleno que Xunta e concellos colaboren na elaboración do novo mapa de transporte por estrada, implicando tamén ás deputacións
Santiago, 30 de maio de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que estableza cos concellos galegos un marco de diálogo e colaboración na planificación do novo mapa de transporte por estrada, no que tamén se solicita a implicación das deputacións provinciais. Ademais, solicitará a creación dun calendario de vacinación para adultos.
O PPdeG propón medidas para adaptar o actual ordenamento xurídico e actuar ante a problemática da ocupación ilegal de vivendas
Santiago, 29 de maio de 2017.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se propoñen diversas medidas dirixidas a adaptar o actual ordenamento xurídico para dar respaldo tanto ás forzas de seguridade do Estado como aos tribunais de Xustiza nas actuacións ante a problemática da ocupación ilegal de vivendas.
O Parlamento aproba, cos únicos votos do PPdeG, unha iniciativa que inclúe un completo catálogo de medidas de apoio aos viticultores afectados polas xeadas
Santiago, 26 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá, cos únicos votos favorables do Grupo Popular, unha proposición non de lei que incorpora diversas medidas de apoio aos viticultores afectados polas xeadas, que van desde a declaración como fenómeno climático adverso, rebaixas no IRPF dos viticultores afectados, bonificacións da Seguridade Social, préstamos a custe cero, o impulso da contratación de seguros contra xeadas ou o fomento da implantación de medidas anti xeadas.
Raquel Arias:»A Xunta sabe que a PAC é vital para Galicia e está a actuar en consecuencia»
Santiago, 26 de maio de 2017.- A Xunta ten claro que as axudas da Política Agraria Común (PAC) “son vitais” para o desenvolvemento do sector agrogandeiro galego, segundo asegurou hoxe no Parlamento a deputada do Grupo Popular Raquel Arias.
O Parlamento aproba solicitar ao Goberno central que demande a Venezuela o pago das pensións aos emigrantes retornados ou venezolanos residentes en Galicia
Santiago, 24 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se pide ao Goberno central que realice cantas actuacións sexan precisas para que Venezuela cumpra os acordos vixentes entre ambos países e faga efectivo o pago das pensións. “Pensións ás que teñen dereito e necesitan con urxencia”, puntualizou a portavoz de Emigración, Raquel Arias.
O GPP critica que o BNG pretenda enganar aos galegos equiparando o rescate das radiais de Madrid coa transferencia da AP-9 a Galicia
Santiago, 24 de maio de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou esta mañá no Parlamento ao BNG de pretender “enganar aos galegos ao equiparar o rescate das concesións das radiais de Madrid coa transferencia da AP-9 á Comunidade galega”.
O PPdeG apela á oposición para que trate con prudencia e cautela os danos ocasionados polas xeadas na viticultura
Santiago, 24 de maio de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, apelou hoxe aos grupos da oposición para que traten os problemas provocados polas xeadas nos viñedos das denominacións de orixe Monterrei, Valdeorras, Ribeiro e Ribeira Sacra “coa prudencia e cautela necesaria sobre os danos ocasionados, porque unha visión excesivamente alarmista pode ter efectos negativos nos mercados dos nosos viños”.
Seguir leyendo
O Parlamento aproba solicitar ao Goberno central que mellore a regulación da publicidade sanitaria para evitar anuncios enganosos
Santiago, 24 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Goberno central que mellore e clarifique a regulación da publicidade sanitaria no relativo a centros, establecementos, bens e servizos, para evitar anuncios enganosos e limitar especialmente todo aquilo que poda constituír un risco para a saúde, contando para elo cos colexios profesionais.
O Parlamento aproba instar á Xunta para que manteña e promova as axudas na Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago como mínimo ata 2020
Santiago, 24 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, por iniciativa do Grupo Popular, instar á Xunta de Galicia a manter e promover as axudas na Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago nos próximos anos, como mínimo ata o ano 2020. “Contribuír á rehabilitación das vivendas e axudar aos seus habitantes é contribuír á fixación da poboación no medio rural de Galicia, un obxectivo que debe ser participado por todos os grupos políticos”, sinalou a deputada popular, María Antón.