O Grupo Popular defenderá no primeiro pleno da Lexislatura o mantemento dos empregos en Ferroatlántica

Santiago, 15 de novembro de 2016.- O Grupo Popular defenderá no primeiro pleno da X lexislatura o mantemento dos empregos da empresa Ferroatlántica, así como que o Concello de Vigo realice as adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os dispositivos de cobro do transporte urbano sexan compatibles coa tarxeta de transporte metropolitano de Galicia. Pedro Puy agradeceu o «acordo xeral»acadado por todos os grupos e sinalou o incremento do control ao goberno en cada Pleno, xa que os grupos de En Marea e do PSdeG terán, alternativamente, unha pregunta máis por sesión.

Seguir leyendo

Páginas: 1 2 3

Feijóo presenta un Goberno “para todos”, comprometido cos obxectivos comúns, co presente e co futuro do país

Santiago, 14 de novembro de 2016.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta mañá, no acto de toma de posesión dos conselleiros do novo Executivo autonómico, un Goberno “para todos”, comprometido cos obxectivos comúns, que pense no presente e, sobre todo, no futuro do país e guiado pola mellor tradición do galeguismo plural, aberto e integrador.

Seguir leyendo

Feijoo compromete unha maioría aberta ao acordo cun Goberno para todos e seguir avanzando na moderación e a estabilidade que os galegos decidiron

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe a confianza da Cámara comprometendo unha maioría aberta que traballará para todos e coa man tendida ao gran consenso para seguir, aseverou, o rumbo que os galegos decidiron: a estabilidade e a moderación. Feijóo iniciou así o debate propoñendo traspasar ao Parlamento a excepción do resultado electoral en Galicia, cun comportamento político que tamén sexa excepcional.

Seguir leyendo

Feijóo anuncia a posta en marcha dun sistema para mellorar a atención ás paradas cardiorrespiratorias baseado nunha rede de voluntarios coordinada por unha aplicación móbil

Santiago, 3 de novembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe un programa piloto que mellorará a atención á parada cardiorrespiratoria fóra dos centros sanitarios mediante a coordinación dunha rede de voluntarios que a través dunha aplicación móbil enviará unha notificación cando se produza un suceso deste tipo nun lugar público da súa contorna. “Os voluntarios poderán auxiliar á persoa que sufre a parada mentres non chegan os servizos sanitarios”, sinalou Feijóo.

Seguir leyendo

Feijóo destaca que tres de cada catro lumes que se deron na Comunidade na última década foron provocados

Santiago, 3 de novembro de 2016.- Logo de que a Consellería do Medio Rural presentase hoxe un informe no que se avalían as causas dos incendios forestais en Galicia, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía na rolda de prensa do Consello que tres de cada catro lumes que se deron na comunidade na última década foron provocados –“é dicir, o 75% dos lumes forestais son intencionados”, aseverou- ; o 30% se iniciaron pola noite; un 8% comezou con máis dun foco de xeito simultáneo; e o 14% dos incendios concéntranse nas coñecidas como parroquias de alta actividade incendiaria, pese a supoñer só o 3,6% da superficie de Galicia.

Seguir leyendo

Feijóo marca o calendario para a elaboración dos orzamentos, que prevé aprobar o Consello no día 1 de decembro

Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, marcou o calendario para a aprobación dos Orzamentos autonómicos de 2017, con dous grandes fitos: na primeira xuntanza do novo Goberno, aprobar o Proxecto de lei de teito de gasto, e no Consello do 1 de decembro, previsiblemente, dar o visto e prace ao Proxecto de lei de orzamentos, para que poida comezar a tramitarse na Cámara o antes posible.

Seguir leyendo

Feijóo avanza que a Xunta implantará nos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Lucus Augusti de Lugo un sistema de localización e guiado de pacientes mediante unha aplicación móbil

Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Goberno galego vai implantar nos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Lucus Augusti de Lugo un sistema de localización e guiado de pacientes mediante unha aplicación móbil, que estará dispoñible para dispositivos que empreguen Android ou iOS de Apple.

Seguir leyendo