Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o incremento da liña de axudas ata un total de 26 millóns de euros para os mozos de entre 18 e 41 anos que queiran incorporarse á actividade agrogandeira. “Aumentamos en 8 millóns de euros o orzamentos desta liña e pasamos de 18 a 26 millóns de euros para que ningún dos 657 mozos que a solicitaron, e que cumpren todos os requisitos, queden sen ela”, aseverou, subliñando que grazas a este incremento –“que bateu o record”-, será o ano co maior número de solicitudes aprobadas, o que representa unha suba do 350% respecto ao 2015.
Tellado: «O voto dos galegos foi quen de producir unha reacción en cadea de sensatez»
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu hoxe unha rolda de prensa trala decisión de onte do presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, de aceptar o encargo do Rei de someterse a unha nova sesión de investidura unha vez que o PSOE accedeu a absterse nela.
O PPdeG continuará defendendo a transferencia da AP-9 a Galicia
Galicia creará o Rexistro galego de ictus que permitirá melloar a eficacia dos procedementos e protocolos de atención
Lembra que o ictus é a segunda causa de morte en España e a primeira causa de mortalidade feminina, e subliña que no pasado ano ingresaron por este motivo preto de 4.300 persoas nos hospitais galegos
O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a creación do Rexistro galego de ictus, ferramenta que permitirá seguir mellorando a eficacia e axilidade dos procedementos e protocolos de atención.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que este sistema de información recollerá, de xeito obrigatorio, todos aqueles episodios relacionados coa atención do paciente que sofre un ictus: centro que realiza a chamada, hora de inicio dos síntomas, hospital onde foi realizada a primeira atención, hora de chegada ao hospital, tipo de ictus, criterios de prioridade, administración de medicamento, hora de administración do medicamento, derivación á Unidade de Ictus para trombectomía endovascular, centro ao que se deriva ao paciente e hora de trombectomía endovascular.
O titular do Goberno galego subliñou que, a partir da información que se vaia recollendo, poderanse perfeccionar os procedementos e protocolos do Plan de atención ao ictus; “e, deste xeito, reaccionar con maior axilidade e eficacia ante os casos que se dean na comunidade”.
Logo de lembrar que o ictus é, na actualidade, a segunda causa de morte en España e a primeira causa de mortalidade feminina, Feijóo subliñou que no pasado ano ingresaron por este motivo preto de 4.300 persoas nos hospitais galegos.
Feijóo abre prazo para que os deputados populares propoñan representantes na Mesa do Parlamento e na dirección do Grupo
O Presidente do PPdeG fixou como cometidos para esta lexislatura “blindar a estabilidade, lexislar con responsabilidade e traballar con unidade a prol do futuro de Galicia”
FEIJÓO FIXA UN PRAZO DE 48 HORAS PARA QUE OS DEPUTADOS POPULARES PROPOÑAN AS PERSOAS QUE REPRESENTEN AO PPDEG NA MESA DA CÁMARA E NA DIRECCIÓN DO GRUPO PARLAMENTARIO
• Salientou a renovación do Grupo Parlamentario, cunha terceira parte de deputados que ocupan un escano por primeira vez e case a metade non estaban en 2012
• Os 41 deputados asinaron un compromiso ético que vai “máis alá de cumprir escrupulosamente a legalidade e as obrigas parlamentarias”
Tellado di que hai que traballar duro para devolver a estabilidade onde hai problemas “que é nos concellos onde non goberna o PP”
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que, na actualidade, a preocupación dos populares é poñerse en marcha para as eleccións municipais que terán lugar dentro de tres anos.
Tellado: “Rematar con 73.476 desempregados menos a segunda Lexislatura de Feijóo é un grande estímulo para arrancar a terceira”
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que rematar con 73.476 desempregados menos a segunda Lexislatura de Feijóo dos que había ao final da primeira “é un grande estímulo para arrancar a terceira”.
Feijóo di que o seu obxectivo é que a vitoria sexa a de todo un país nos próximos catro anos cun goberno para todos
A Coruña, 3 de outubro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o seu obxectivo é que a vitoria nas pasadas eleccións autonómicas sexa realmente a de todo un país ao longo dos próximos catro anos cun goberno para todos.
Feijóo destaca a reacción do PPdeG tralas eleccións municipais como clave da vitoria nas autonómicas: “o partido volveu á rúa”
Santiago, 28 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou a reacción dos populares galegos tralas pasadas eleccións municipais como clave da vitoria nas autonómicas xa que “o partido volveu á rúa”. Así remarcou que agora volven saber conectar co que sempre aspiraron a ser: o partido que máis se parece a Galicia, galeguistas, reformistas, e comprometidos.
Feijóo pide votar o domingo ao que une á gran maioría: estabilidade, responsabilidade, moderación, respecto, benestar e progreso
A Coruña, 22 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe en A Coruña votar si o vindeiro domingo ao que une á gran maioría dos galegos: estabilidade, moderación, responsabilidade, respecto, convivencia institucional, capacidade de resolución de problemas, benestar das familias e progreso para Galicia. Neste sentido, pediu o voto polo moito que se pode facer xuntos nos vindeiros catro anos, que agora por fin son de máis esperanza.