Santiago, 27 de marzo de 2017.- O Grupo Popular proporá a elaboración consensuada, dentro da Comisión non permanente para a igualdade e para os dereitos das mulleres, dun Pacto galego contra a violencia de xénero, segundo anunciou esta mañá a viceportavoz, Paula Prado. “Ademais, queremos que xuristas e expertos avalíen a posibilidade de incorporar o termo feminicidio na lexislación e os plans vixentes”, avanzou.
O Grupo Popular afirma que a Xunta estudará a instalación do Ateneo de Ourense nas instalacións da Biblioteca Pública
Santiago, 24 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou esta mañá que a Consellería de Cultura estudará a posibilidade de que o Ateneo de Ourense e outras entidades e asociación culturais da cidade se instalen nas actuais instalacións da Biblioteca Pública de Ourense, unha vez se leve a cabo o seu traslado ás dependencias do complexo de San Francisco.
Neste sentido, o Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a dotar ao Ateneo de Ourense, antes de que remate o ano 2017, dun espazo de titularidade pública axeitado e coas condicións requiridas para que esta entidade continúe coa súa actividade sen ánimo de lucro.
XESTIÓNS DA XUNTA
Carlos Gómez asegurou que o PPdeG “é un firme defensor da pervivencia do Ateneo de Ourense”, e lembrou a aprobación por unanimidade o pasado 9 de marzo doutra proposición non de lei a través da que se pedía unha consulta ao Ministerio de Hacienda para coñecer os locais baleiros de titularidade pública e se abrira un proceso de negociación encamiñado a dotar dun local ao Ateneo de Ourense”.
“A Xunta cumpriu con esta encomenda do Parlamento dentro do ámbito das súas competencias e non só fixo a mediación ante a Administración do Estado para que o Ateneo puidese optar a conseguir a cesión dun local, senón que mantivo un encontro cos representantes da entidade sobre as súas necesidades de espazo e trasladou as súas demandas á Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria en Ourense”, engadiu.
Para rematar, o deputado popular lembrou que “onte mesmo o Presidente da Deputación de Ourense, logo de reunirse coa Plataforma do Ateneo, anunciou o seu apoio e compromiso inequívoco para mediar e facilitar dun xeito ou doutro unha sede axeitada ás necesidades e actividades da entidade, ofrecendo incluso dependencias no Centro Cultural Marcos Valcárcel”.
Tellado afirma que o PPdeG traballa polo rural fronte a unha esquerda que o insulta
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor a aprobación por parte da Xunta do Plan de fixación de poboación en zonas rurais, destacando que os populares galegos si traballan polo rural fronte a unha esquerda que o insulta.
Seguir leyendo
O PPdeG lembra que o Concello de Betanzos e responsable do Parque do Pasatempo e aXunta xa puxo a súa disposición apoio técnico para o proxecto de conservación
Santiago, 24 de marzo de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez lembrou hoxe no Parlamento que o Concello de Betanzos é o propietario do Parque do Pasatempo e deste xeito “é quen debe velar pola conservación deste ben protexido, tal e como se recolle na Lei de Patrimonio de Galicia”.
Seguir leyendo
O Parlamento insta á Xunta a realizar accións formativas específicas en materia de atención especializada a menores expostos a violencia machista
Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a levar a cabo accións formativas específicas en materia de atención especializada a menores expostos á violencia machista.
Seguir leyendo
O Grupo Popular acusa ao PSOE de pretender apoderarse do Espazo Xove de Ourense para coxestionar actividades sen participación da mocidade
Santiago, 23 de marzo de 2017.- A portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Sandra Vázquez Domínguez, acusou hoxe ao PSdeG de “pretender apoderarse do Espazo Xove de Ourense para coxestionar actividades que non teñan como partícipes nin obxecto á mocidade ourensá”.
Seguir leyendo
O Parlamento solicita ao Concello de A Coruña a cesión de espazos no mercado de Santa Lucía para a construción do centro de saúde
Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Concello de A Coruña a cesión dos espazos no mercado de Santa Lucía para a construción do novo centro de saúde, de xeito que se axusten ós requirimentos necesarios para unha asistencia sanitaria óptima para os veciños e veciñas que acoden o Centro de Saúde Federico Tapia.
Aprobado o plan de traballo da Comisión de investigación das caixas galegas,que incorpora a práctica totalidade dos documentos solicitados por PSOE e BNG
Santiago, 23 de marzo de 2017.- A Comisión de investigación sobre as antigas caixas galegas aprobou esta tarde o seu plan de traballo que, sobre a base da proposta realizada polo Grupo Popular, incorpora a práctica totalidade da documentación solicitada polos grupos do PSOE e do BNG e case o 60 por cento de En Marea.
O Grupo Popular apoia demandar ao Goberno central que negocie con Alcoa a apertura ao tráfico comercial do seu dique norte en San Cibrao
Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento instar ao Goberno central a realizar as negociacións oportunas diante da empresa multinacional Alcoa para abrir ao tráfico comercial o dique norte do seu porto comercial de San Cibrao.
Seguir leyendo
O Parlamento aproba solicitar á UE que simplifique as esixencias de botiquíns na flota de baixura
Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se solicita á Unión Europea que se simplifiquen as esixencias respecto dos botiquíns á flota de baixura, de xeito que se adecúen ás circunstancias de proximidade, inmediata asistencia médica e limitación de espazo a bordo das embarcacións.