Vilagarcía de Arousa, 9 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, fixo hoxe balance da actuación do goberno de Feijóo na área do Salnés nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos deputados Marta Rodríguez Arias, Rosa Oubiña e Jesús Goldar.
Tellado ofrece un PPdeG que non da bandazos fronte aos que “mudan dun día para outro”
Ferrol, 9 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, puxo en valor hoxe a coherencia e a fiabilidade do PPdeG fronte á volatilidade das forzas do oposición. Así, contrapuxo a uns populares que “tomámonos Galicia en serio” contra unha alternativa formada por forzas que ou ben “non saben onde están” ou ben “non saben o que son” e “mudan cada día”.
Feijóo propón aos galegos unirse para seguir sendo unha excepción por estabilidade
Redondela, 8 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu aos galegos a súa confianza para que Galicia siga sendo unha excepción por unidade, responsabilidade e estabilidade como non a hai en toda España, e non o sexa por ter ao fronte un lío de catro partidos como tampouco o hai igual no resto do país.
Tellado: “A cúpula da Marea nunca respectou aos nosos votantes, agora tampouco aos seus»
Ourense, 08 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, cargou hoxe contra o proceso de “primarias de paripé” emprendido polas Mareas, das que concluíu que “rematan antes de empezar” posto que “a cúpula impuxo un candidato fabricado por eles mesmos”.
Tellado destaca en Monforte a mellora da sanidade pública co goberno de Feijóo
Monforte de Lemos, 08 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, fixo hoxe balance da actuación do goberno de Feijóo na área de Monforte nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos deputados Julia Barreira e Ángel Camino.
Feijóo proponse unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional
A Coruña, 5 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo acadar unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional en estabilidade e responsabilidade política. Así se expresaba na Xunta Directiva do PP de A Coruña, onde tamén estivo acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo.Durante a súa intervención, o dirixente afirmou que os populares buscan máis que os demais partidos en Galicia e mais do que calquera outra forza acadou no resto de España. “Buscamos unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo singular e continúe sendo unha excepción de estabilidade, de responsabilidade, de sentido común, solidariedade, avance e interese xeral”, insistiu.
A Xunta axudará ás familias en dificultades con menores a cargo a pagar medicamentos
Alberto Núñez Feijóo avanzou hoxe a aprobación dunha liña de axudas para apoiar a cobertura dos medicamentos das familias con dificultades económicas e con menores de 16 anos a cargo. A dita medida permitirá desenvolver conxuntamente cos concellos un programa a través do cal se concederán axudas de ata o 40% dos medicamentos financiados polo Sistema Nacional de Saúde.
O Goberno galego impulsará a dinamización do uso da lingua galega no tecido económico
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta vai promover o uso do galego no ámbito económico a través do primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico.
O Programa Ignicia apoia acceso ao mercado de 30 proxectos de investigadores galegos
Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe a posta en marcha do Programa Ignicia, unha iniciativa pioneira que estará dotada con 7 millóns de euros ata 2020, para apoiar o acceso ao mercado de 30 proxectos de investigadores galegos.
Feijóo ponse o obxectivo dunha maioría excepcional e cre que hai ilusión e motivación
Boqueixón, 3 de agosto de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os populares galegos póñense o obxectivo dunha maioría excepcional, posto que cre que hai ilusión e motivación para vencer. Así se expresaba o dirixente durante a Xunta Directiva do partido celebrada esta mañá en Boqueixón. Malia ser conscientes de que unha maioría estable é unha excepción en España, o presidente indicou que teñen argumentos, feitos e razóns para pedirlla aos galegos, xa que a nosa comunidade tamén foi e é unha excepción de estabilidade, responsabilidade, solidariedade, sentido común, e polo que todos xuntos fixemos.