O GPP designa portavoces en once áreas para mellorar a coordinación interna e co Goberno galego

Santiago, 28 de novembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe a designación de once portavoces de área para coordinar o traballo tanto a nivel de comisións e sesións plenarias, como coa Xunta de Galicia. Ademais, avanzou que Julia Rodríguez Barreira, pola provincia de Lugo; Carlos Gómez Salgado, Por Ourense; e Marián García Míguez, por Pontevedra, serán os deputados substitutos de Susana López Abella, Antonio Rodríguez Miranda e Nava Castro, respectivamente, recentemente nomeados para formar parte da Administración galega.

Seguir leyendo

O PPdeG critica que a oposición esté cegada por facer ruído na Educación e non asuman que as avaliacións non terán efectos académicos

 

Santiago, 24 de novembro de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, criticou hoxe que tanto En Marea, como PSOE e BNG “estean cegados por facer ruído no eido educativo e sexan incapaces de asumir que o novo Goberno central xa anunciou que as avaliacións finais de bacharelato e de 4º de ESO non van ter efectos académicos e hoxe mesmo acordara cos reitores que a proba de bacharelato para acceder á universidade será similar ás antiga selectividade”.

Seguir leyendo

O Parlamento solicita ao Concello de Vigo adaptar os dispositivos de cobro do transporte urbano ao plan de transporte metropolitano

Santiago, 23 de novembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a solicitar do Concello de Vigo a que leve a cabo, á maior brevidade posible e segundo as condicións acordadas no convenio asinado, as adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os dispositivos de cobro do transporte urbano Vitrasa sexan compatibles coa tarxeta do transporte metropolitano de Galicia, de xeito que os veciños deste municipio e da súa área se poidan beneficiar, canto antes, de todos os descontos previstos neste plan.

Seguir leyendo

O Parlamento aproba, co único voto favorable do PPdeG, o mantemento do emprego e actividade industrial de Ferroatlántica

Santiago, 23 de novembro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, cos únicos votos a favor do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta de Galicia a que todas as actuacións que realice en relación coa posible venda pola empresa Ferroatlántica das centrais hidroeléctricas que posúe nos ríos Xallas e Grande vaian dirixidas a salvagardar os empregos, as actividades industriais e enerxéticas, e súa a competitividade das empresas.

Seguir leyendo

O PPdeG demanda ao Goberno que estude á maior brevidade a sentenza que equipara as indemnizacións dos contratos temporais e indefinidos

Santiago, 22 de novembro de 2016.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento que o Goberno central, a través do grupo de expertos que ten creado, estude a maior brevidade a repercusión da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europa que equipara as indemnizacións por finalización dos contratos temporais aos contratos indefinidos.

Seguir leyendo

o GPP demanda a creación dun centro de referencia en Galicia para a atención da interrupción voluntaria de embarazo de máis de 22 semanas de xestación

Santiago, 22 de novembro de 2016.- O Grupo Popular defendeu hoxe no Pleno do Parlamento instar á Xunta de Galicia a crear un centro de referencia para a atención da interrupción voluntaria do embarazo (IVE) nos supostos de máis de 22 semanas de xestación, con persoal sanitario especializado, na rede sanitaria publica de Galicia.

 

A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou que “desde o PPdeG nos preocupa a atención que se lles da ás mulleres no caso de ter que someterse a unha interrupción voluntaria do embarazo, porque sabemos que non é unha situación para nada agradable nin desexable para elas”.

 

ATENCIÓN INTEGRAL E DE CALIDADE

 

Por este motivo, solicitamos a creación dun centro de referencia para a atención da IVE na rede sanitaria pública, ao tempo que “se garanta unha atención integral e de calidade a todas as mulleres que teñen que interromper o seu embarazo nos termos que contempla a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva, actualizando o protocolo para adaptalo á evidencia científica, e corrixindo calquera disfunción na súa aplicación ou na asistencia prestada a ditas mulleres”.

 

Rodríguez-Vispo asegurou que “as actuacións levadas a cabo nos centros sanitarios galegos son iguais en todo tipo de interrupcións do embarazo”. “Non  hai diferenzas si se trata dun aborto espontáneo ou voluntario e o circuíto asistencial dos abortos de 14 a 22 semanas de xestación no SERGAS é o mesmo”, apuntou.

O GPP avoga porque Xunta e Fegamp soliciten conxuntamente ao Goberno central bonificación do IBI para as familias con rendas baixas

Santiago, 22 de novembro de 2016.- O Grupo Popular avogou hoxe no Parlamento porque a Xunta de Galicia acorde coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) unha solicitude conxunta ao Goberno central para impulsar unha nova bonificación potestativa de ata o 90 por cento da cota íntegra do imposto de bens inmobles (IBI) a favor daqueles suxeitos pasivos que acrediten unha situación económica de insuficiencia de rendas familiares, modulables en función do valor catastral do inmoble.

Seguir leyendo