Puy pide a BNG e PSdeG que envorquen as súas forzas en convencer ao Goberno de Pedro Sánchez para que adopte as decisións imprescindibles para cubrir as vacantes de persoal sanitario

13 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou hoxe a BNG e PSdeG que, do mesmo xeito que “intentaron capitalizar onte a manifestación pola sanidade pública ocupando os postos máis preeminentes, envorquen as súas forzas en convencer ao Goberno de Pedro Sánchez para que adopte as decisións imprescindibles para cubrir as prazas vacantes que existen de persoal sanitario”.

Seguir leyendo

O PPdeG alerta de que A Coruña é a provincia galega con máis rebaixas de penas pola Lei do ‘só si é si’: 16 agresores sexuais que suman 30 anos menos de cárcere

11 de febreiro de 2023. O Partido Popular de Galicia alerta de que A Coruña é a provincia galega onde máis delincuentes sexuais víronse beneficiados pola Lei do ‘só si é si’. E é que desde a entrada en vigor desta lei, producíronse 16 rebaixas de pena que suman en total case 30 anos menos de cárcere para estes delincuentes sexuais.

Seguir leyendo

O Grupo Popular asegura que “Galicia ten hoxe a rede de apoio máis ampla aos autónomos”

10 de febreiro de 2023. O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro asegurou hoxe no Parlamento galego que “Galicia ten hoxe a rede de apoio máis ampla para os autónomos”: ao programa Impacto autónomo, dotado con 35 millóns de euros, súmase o programa de axudas á contratación indefinida e formación de persoas asalariadas (1,3 millóns de euros), o programa Sempre Autónomo (12 millóns de euros) para apoiar o emprendemento, o Bono Autónomo para traballadores por conta propia (8 millóns de euros) e os 12 polos de emprendemento e apoio ao emprego autónomo.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno central que na súa próxima Presidencia da UE o reparto de TAC e cotas pesqueiras se faga de xeito plurianual

10 de febreiro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que, durante a Presidencia de España da Unión Europea no segundo semestre de 2023, a próxima repartición de totais admisibles de capturas (TAC) e de cotas se realice de xeito plurianual.

Seguir leyendo

Marta Fernández-Tapias denuncia que o Goberno central “maltrata” a Vigo en materia ferroviaria e reprocha ao PSOE local que “defenda ao seu partido antes que aos vigueses”

10 de febreiro de 2023. A candidata do Partido Popular á alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, reprocha aos socialistas vigueses que mentres o Goberno central maltrata á cidade en materia ferroviaria, elijen sempre defender ao seu partido antes que aos veciños: “Son máis sanchistas que Sánchez”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide ao Ministerio unha nova normativa que regule ao profesorado técnico de FP para que se integren no corpo de mestres de ensino secundario

9 de febreiro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do PSdeG, a través da que se solicita ao Ministerio de Educación e Formación Profesional que non faga discriminacións dentro do corpo do profesorado técnico de FP e elabore unha nova normativa para regular que estes mestres se integren no corpo de profesores de ensino secundario, con independencia de que teñan ou non titulo universitario.

Seguir leyendo

O Parlamento pide o cese da ministra e a secretaria de Estado de Igualdade polas declaracións sobre as rebaixas de penas e excarceracións a agresores sexuais beneficiados pola Lei do só sí é si

8 de febreiro de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e do PSdeG, a través da que se pide o cese inmediato da ministra de Igualdade e da secretaria de Estado de Igualdade polas irresponsables e indignas declaracións efectuadas sobre as rebaixas de penas e a excarceración de agresores sexuais beneficiados pola Lei do só si é si, así como pola súa obcecada inacción lexislativa para protexer ás mulleres.

Seguir leyendo