O Grupo Popular reitera a solicitude ao Goberno central para que transfira ás comunidades autónomas os fondos europeos destinados á transformación dixital

17 de xaneiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez reiterou hoxe no Parlamento galego ao Goberno central que “transfira ás comunidades autónomas os fondos europeos para a transformación dixital porque son as que mellor coñecen as necesidades e as particularidades do seu territorio para o despregamento das redes”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha axuda directa de máis de 700 millóns de euros para a industria da automoción galega

17 de xaneiro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio de BNG nin do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central unha axuda directa de máis de 700 millóns de euros para a industria da automoción galega, o que equivale ao peso deste sector galego no conxunto de España.

Seguir leyendo

Pedro Puy critica o extremado centralismo do Goberno de Pedro Sánchez e a súa belixerancia coas competencias autonómicas

16 de xaneiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe o “comportamento extremadamente centralizado que está a adoptar o Goberno de Pedro Sánchez en relación con cuestións fundamentais para Galicia, moi belixerante coas competencias autonómicas e que está a facer cuestións que son contraproducentes para acadar os resultados que pretenden as políticas impulsadas polo Goberno central”.

Seguir leyendo

O PPdeG demanda a mellora urxente da N-120 e a reactivación do proxecto da autovía A-76

14 de xaneiro de 2023. O Partido Popular de Galicia demanda ao Goberno central a mellora integral da N-120 para reducir os riscos de seguridade viaria e a súa falta de funcionalidade, así como a reactivación das obras de construción e posta en servizo da A-76 por considerar que o seu atraso está provocando a perda de competitividade e o agravamento dos problemas demográficos da Comunidade.

Seguir leyendo

O PPdeG levará ao Parlamento a petición de que Sánchez cese á secretaria de Estado de Igualdade: “Reducir penas e liberar agresores sexuais non é un chiste”

13 de xaneiro de 2023. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia anunciou hoxe en rolda de prensa que a súa formación levará ao Parlamento galego unha petición para que Pedro Sánchez cese á ministra e á secretaria de Estado de Igualdade e modifique “canto antes” a Lei do ‘só si é si’. “Debemos dicir ‘basta xa’ e deixar de branquear as decisións dun Goberno que hai moito tempo que perdeu o rumbo da igualdade real e da loita contra a violencia de xénero”, afirmou ao respecto.

Seguir leyendo

O PP acusa a Sánchez de poñer palos nas rodas ao sector gandeiro e considera «incomprensible» que a baixada do IVE non se aplique á carne

11 de xaneiro de 2023. Durante a visita realizada a unha explotación gandeira xunto á portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, gandeiros e representantes do PP na provincia, o vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do Partido Popular alertou da difícil situación do sector gandeiro polo prezo dos fertilizantes, os pensos, o combustible e a desprotección dos gandeiros ante o lobo. Lembrando que se Pedro Sánchez quere que o PP apoie o decreto anticrise do Goberno debe aplicar a baixada do IVE á carne, o peixe e as conservas porque “para as familias chegar a fin de mes é un auténtico suplicio”.

Seguir leyendo