O Parlamento galego pide ao Goberno central a creación dun rexistro no que poder obter as posicións bancarias das persoas falecidas

Santiago, 6 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que habilite un rexistro centralizado onde poder obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida, coas cautelas que esixa a lexislación vixente, en especial en materia de protección de datos. “O obxectivo é facilitar aos herdeiros o acceso á información para cumprir as obrigas legais e tributarias con certeza, claridade e seguridade», sinalou a deputada popular Felisa Rodríguez.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide ao Goberno de España demandas especiais para Galicia na súa Presidencia da Unión Europea en 2023

Santiago, 5 de outubro de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España que incorpore na súa axenda lexislativa e no programa de traballo para a presidencia española do Consello da Unión Europea de 2023 diversas demandas de especial interese para Galicia, en cuestións como os fondos europeos, a pesca, o medio rural, a cultura, a enerxía, os transportes, a demografía e o despoboamento, a política exterior, as relacións con América ou a defensa. Ademais, solicítase que estas demandas se remitan ás Cortes Xerais, no marco do relatorio constituído na Comisión Mixta para a Unión Europea, para participar na preparación da presidencia española do Consello da Unión Europea durante o segundo semestre de 2023.

Seguir leyendo

O Parlamento pide unha prestación que cubra os gastos das persoas con enfermidades raras cando son derivadas a outras comunidades

Santiago, 5 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a regular unha prestación que cubra os gastos de aloxamento e dietas das persoas con enfermidades raras, pendentes de diagnóstico ou confirmación do mesmo, cando son derivadas a través do procedemento regulamentario establecido a outras comunidades autónomas, e deste xeito sexa efectivo o dereito a esa asistencia sanitaria. Así mesmo, pídese que se actualicen os criterios e importes recollidos na orde do ano 2001 pola que se regulan as prestacións económicas previstas para os desprazamentos fóra da provincia, co obxectivo de dar resposta ás necesidades actuais.

Seguir leyendo

O PPdeG apoia no Parlamento galego incrementar as labores de prevención de incendios nos espazos naturais

Santiago, 4 de outubro de 2022.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta incrementar os labores de prevención de incendios nos espazos naturais de Galicia, sempre de forma respectuosa cos seus valores ambientais, así como establecer mapas de riscos e protocolos de actuación específicos para o caso de incendio neses espazos.

Seguir leyendo

O Grupo Popular defende o modelo xusto, solidario e redistributivo de reparto de libros de texto en Galicia

Santiago, 4 de outubro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular de Educación, Ovidio Rodeiro, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento galego “o modelo xusto, solidario e redistributivo” de reparto de libros de texto en Galicia, que este ano suporá un investimento de 28 millóns de euros, un 50 por cento máis que en 2021, e chegará ao 75 por cento das familias en idade escolar.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que a Xunta inviste cada ano no transporte público por estrada 80 millóns de euros, o dobre do que está a pedir o BNG

Santiago, 4 de outubro de 2022.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou no Pleno do Parlamento galego que “Galicia dispón dunha rede de transporte público de competencia autonómica conformada por máis de 3.400 liñas renovadas e modernas, nas que se está a investir cada ano 80 millóns de euros, unha cifra que duplica a que solicita o BNG” na súa moción parlamentaria debatida esta tarde.

Seguir leyendo

Os portavoces e a portavoz dos tres grupos parlamentarios remiten ao comisario europeo de Pesca o acordo unánime da Cámara galega en defensa da pesca de fondo

Santiago, 4 de outubro de 2022.-  Os portavoces e a portavoz dos tres grupos parlamentarios na Cámara galega, Pedro Puy, Ana Pontón e Luís Álvarez, remitiron hoxe tres cartas dirixidas ao comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkeviĉius; ao embaixador na Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER), Marcos Alonso Alonso; e ao Presidente da Comisión de Pesca (PECH) do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, na que lle trasladan e solicitan o cumprimento do acordo aprobado por unanimidade no Pleno do pasado 28 de setembro en defensa da flota pesqueira galega de arrastre de fondo.

Seguir leyendo