Skip to content

Demanda ao Goberno central para que asuma o compromiso de garantir a interconexión enerxética de todos os territorios

 

Demanda para que o Goberno de España asuma o compromiso da garantir a interconexión enerxética de todos os territorios 

No último ano produciuse unha suba paulatina dos prezos da electricidade e do gas natural que está afectando aos fogares e industrias, situación que ven de agravarse tras a invasión de Ucraína por parte de Rusia. Este contexto leva a necesidade de adoptar decisións firmes.

Así pois, sen prexuízo de continuar cun desenvolvemento planificado e ordenado da integración das fontes renovables no sistema enerxético, é preciso xerar un entorno de transición viable e realista que permita reducir os prezos enerxéticos e volver á senda da recuperación económica. Do mesmo xeito, o mantemento dun mercado totalmente interconectado que integre tecnoloxías é vital para garantir a competencia e eliminar riscos na subministración.

Tal e como sinalou a propia Comisión Europea, España pode desempeñar un papel importante na subministración enerxética Europa, polo que o Goberno central debe adoptar decisións áxiles e integradoras que esta vez non deixen atrás a ningún territorio.

O informe da Axencia Internacional da Enerxía do 3 de marzo de 2022 “A 10-Point Plan to Reduce the European Union’s Reliance on Russian Natural Gas”, sinala que a limitación de interconexión entre España e Francia restrinxe o uso da capacidade de regasificación instalada no noso país para subministrar ao resto de Europa, a pesar de que contamos co maior número de plantas e capacidade de regasificación de todos os
Estados Membros.

Neste contexto, precisamente, o Goberno de España está estudando reactivar o proxecto de gasoduto denominado “Midcat” declarado no seu momento Project of Common Interest, que consiste nunha terceira interconexión de España e Francia a través dos Pirineos.

O proxecto Midcat debe servir para unha correcta integración de todos os territorios da península ibérica co resto da Europa, acadando prezos competitivos e aportando liquidez ao mercado único. A estes efectos, a súa execución debe incluír en paralelo a construción do gasoduto Guitiriz-Zamora, na medida que este reforzo de transporte é imprescindible para evitar conxestións no noroeste penínsular.

Cómpre recordar que o gasoduto Guitiriz-Zamora, incluído no Ten Year Network Development Plan, é a única infraestrutura que permite unha correcta integración da zona noroeste, polo que non sería razoable limitar as capacidades das infraestruturas enerxéticas existentes, máis necesarias que nunca no curto e medio prazo, por non finalizar as súas redes asociadas.

Ademais, o gasoducto Guitiriz-Zamora permitirá no medio e longo prazo o transporte de gases renovables e a súa conversión como hidroduto, actuando como un vector de almacenamento fundamental para dar soporte ao sistema eléctrico peninsular e a xeración renovable de natureza inminente.

Confirmar o compromiso con Galicia resulta fundamental en tanto que na actualidade se está a tramitar a autorización administrativa para poñer en funcionamento a planta de El Musel, en Asturias e a súa actividade, en calquera rango de emisión, xerará importantes conxestións na rede de transporte, anulando a capacidade de evacuación de gas desde Ferrolterra. De feito, de poñerse en marcha o Musel sen infraestruturas de transporte, a achega conxunta de ambas terminais estará limitada.

Esta visión resiliente e con miras ao futuro, que debe inspirar á construción de todas as infraestruturas enerxéticas, está aliñada coa filosofía da proposta da Directiva e o Regulamento do mercado de gas e hidróxeno, que se encontra actualmente en tramitación.

Por todo isto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España que asuma o compromiso firme e claro de garantir a interconexión enerxética de todos os territorios e, en concreto:

1. Comprometer que o eventual desenvolvemento do proxecto “Midcat” levarase a cabo de xeito completo, incluíndo a construción do gasoduto Guitiriz-Zamora, infraestrutura fundamental para a integración de Galicia e da zona noroeste peninsular, o que permitirá no medio e longo prazo o transporte de gases renovables e a súa conversión como hidroduto para cubrir as necesidades do sistema no futuro contexto enerxético.

2. Promover en igual medida o desenvolvemento da terceira interconexión con
Portugal, garantindo a integración de todos os territorios da península ibérica.

3. Realizar as xestións necesarias para que a eventual posta en servizo definitiva da regasificadora do Musel en Xixón, en ningún momento prexudique os intereses de Galicia e moi concretamente o funcionamento das súas instalacións e a seguridade da subministración de gas natural.”

 

Rexistro:https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-003109

 

 

 

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies