Skip to content

Feijóo pide o voto para que Galicia siga mirando cara adiante e non quede bloqueada

Ribeira, 15 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe o voto para que Galicia siga mirando cara adiante, continúe avanzando con normalidade e estabilidade, e non quede bloqueada. Neste sentido, cuestionouse se, “con todo o que é Galicia e con todo o que hai que facer, de verdade non teñen nada mellor que dicir e que propoñer os demais que a descualificación?”.

Feijóo asegurou que “en Galicia si pode haber unha política que non consista simplemente na descualificación ao adversario; que consista en propoñer e ser construtivo, en lugar de quedarse na crítica sen alternativa; que non consista en bloquear, poñer obstáculos, vetos e liñas vermellas; e que una as forzas dun pobo en lugar de estar divididos”.

 

MOITO POR AVANZAR E CONQUISTAR
“Temos moito por avanzar e por conquistar: temos que seguir crecendo e facelo con máis intensidade; creando aínda máis emprego; apoiando ás mulleres e homes que teñen fillos; respaldando ás familias; batendo marcas de creación de prazas públicas de gardería; aumentando o número de prazas de residencias e centros de día; modernizando instalacións, tecnoloxía e servizos da sanidade pública; sumando quilómetros de infraestruturas de máis prestacións para estar mellor conectados; impulsando sectores como a pesca ou o naval para acadar obxectivos como no naval ou a automoción; e baixando ou eliminando impostos, como fixemos co IRPF, os impostos no rural ou as herdanzas, que xa non pagan o 99 por cento dos galegos”, concretou.

 

Así, apuntou que “me presento a estas eleccións porque temos aínda moito por facer, son moitas as metas que temos que ir logrando e moitos os galegos que tamén teñen que ter a súa oportunidade. Non me presento polo que fixemos, porque iso está e aí está a credibilidade das verbas de cada quen”.

 

O Presidente do PPdeG afirmou que “podo presentar un balance que non é froito dun traballo individual, senón do esforzo colectivo de Galicia que logrou mellorar a situación”. Neste sentido, engadiu que “teño un proxecto no que se pode reflectir a maioría das galegas e galegos e a experiencia de que cumpro os meus compromisos”.

 

“Me presento a estas eleccións como militante de Galicia, teño o meu tempo e as miñas enerxías para Galicia e podo dicir como e con quen gobernarei desde o primeiro día”, subliñou. “Pido o voto para o goberno dunha gran maioría; para a unidade, a estabilidade e a responsabilidade; para un pacto coas galegas e os galegos; e para servir a Galicia”, indicou.

 

QUERO UN POBO UNIDO
Feijóo engadiu que “quero un pobo unido, porque xuntos é como acadamos que Galicia pasara de decrecer a crecer; de destruír a crear emprego; e estar á cabeza do cumprimento das obrigas de déficit, ao tempo que á cabeza do investimento de todas as comunidades españolas”. Ademais, fixo especial referencia ao ámbito social, onde “logramos unha educación pública máis completa, competitiva e accesible; renovamos a sanidade pública con novas instalacións, nova tecnoloxía e novos servizos; e abrimos máis prazas públicas de residencias e centros de día”.

 

De cara ao futuro, asegurou que “temos enerxías para crer neste país, para dicir que somos unha excepción para ben, e para dicirlle á xente que queremos o que é importante para cada un de nós e para o que nos une a todos: Galicia”.

Noticias recomendadas

O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
O Parlamento de Galicia demanda que a Xunta continúe apoiando aos concellos na prestación dos servizos de Protección Civil
O Parlamento galego aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta continúe apoiando aos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies