Skip to content

Feijóo ponse a disposición dos galegos para manter a unidade, a normalidade e a estabilidade: “Galicia é moito. Galicia é todo”

11, febreiro, 2020. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, púxose a disposición do partido para encabezar a candidatura do PPdeG ás eleccións autonómicas do próximo 5 de abril, e co obxectivo de manter a unidade, a normalidade e a estabilidade da Comunidade, porque “Galicia é moito, Galicia é todo”.

Trala celebración da Xunta Directiva autonómica, o líder do PPdeG salientou que “ante calquera elección ou cuestión, sempre digo Galicia”. Así, sostivo que, se os galegos o queren, será o presidente de todos sen excepción; e que encabezará unha candidatura, non para enfrontar a Galicia, senón para seguir unidos e avanzando xuntos: “Preséntome para servir a todos os galegos, sintan o que sintan, voten o que voten”.

 

UN COMPROMISO INVARIABLE CON GALICIA

Tras referirse ao seu “invariable compromiso” persoal e político con Galicia, incidiu en que o PPdeG sae a gañar e a obter un goberno estable o próximo 5 de abril. Un partido, dixo, que ofrece argumentos, feitos e que dá a cara por Galicia; ao tempo que puxo en valor que a súa organización asume as reivindicacións da Comunidade ante aqueles que pretenden menoscabalos: “Defendemos os intereses de Galicia con responsabilidade, exercendo os nosos deberes e cumprindo as nosas obrigas”.

 

Así, destacou a súa ilusión, ganas e forza para ser de novo candidato; así como tamén a súa experiencia, a que lle dá, recalcou, máis enerxía que nunca para poñela ao servizo de Galicia. O líder dos populares galegos non quere que Galicia perda a súa estabilidade, rigor, normalidade e nin unha soa oportunidade.

 

Neste senso, salientou que o PPdeG é máis que un partido: “Somos un punto de encontro para a gran maioría de Galicia”. Segundo Feijóo, a formación popular é a única opción que garante estabilidade, unidade, responsabilidade e a gobernar.

 

“SERVIDORES DE TODOS”

“A forza de Galicia non a dá o seu goberno, nace nos seus cidadáns”, salientou o líder do PPdeG, quen avogou pola unidade para ser máis fortes e dar mellores respostas. E recordou que a resposta da Comunidade, ante a recesión económica, a crise institucional e as estridencias políticas sempre foi a responsabilidade, a estabilidade e a normalidade.

 

Para rematar, aproveitou para distanciarse da política do instante, a que remarca continuamente a diferencia, para a que a experiencia e a xestión son irrelevantes e a que actúa en función da conveniencia. Para Feijóo, a política ten que ser responsabilidade, xestión, compromiso, coherencia e servizo:  “Os políticos non son salvadores, senón servidores de todos”. E, fronte aos responsables dos demais partidos que teñen como único obxectivo derrotar a Feijóo, o líder do PPdeG resaltou que el está para “acadar e celebrar que as vitorias sexan de Galicia”.

 

GALICIA É MÁIS CALIDADE QUE NUNCA

“Galicia é máis calidade que nunca”, apuntou Feijóo, quen outorgou o mérito desta mellora aos galegos e fixo fincapé no acerto, tanto da Xunta como do PPdeG, de estar ao seu carón para que Galicia estea hoxe mellor que hai unha década.

 

Así, presidente aproveitou para facer balance dos últimos dez anos e salientar que Galicia é unha comunidade que crea emprego, aporta estabilidade ao conxunto de España, ten unha política social que chega a máis cidadáns, ten máis sanidade pública -con mellores hospitais públicos, centros de saúde, máis tecnoloxía e menos espera-, lidera a calidade na educación, innova en todos os seus sectores, está mellor comunicada, recibe máis turistas. “Galicia hoxe é sinónimo de oportunidade”, sinalou Feijóo.

 

Así mesmo, puxo en valor a xestión do Goberno galego, ao tempo que se amosou orgulloso de que Galicia, a diferenza do que acontece en España, se manteña á marxe do enfrontamento e da división. Tal e como sostivo, hai unha gran maioría de galegos que prefire a unidade, o entendemento e seguir xuntos para seguir avanzando. 

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies