Skip to content

Feijóo presenta o programa Galicia 0-35 para “dar respostas útiles á xeración do Estatuto”

Vigo, 13 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe en Vigo o Programa Galicia 0-35, unha iniciativa que quere “dar respostas útiles á xeración do Estatuto”. Entre as medidas que inclúe este programa figuran chegar ao 40 por cento de ratio de cobertura das escolas infantís públicas, continuar coa tarxeta Benvida e ampliala ata os tres anos da vida do bebé en caso de risco de pobreza ou exclusión e o programa A miña primeira experiencia laboral, unha bolsa de emprego para os mozos que veñan de rematar unha carreira universitaria ou un ciclo de FP. Feijóo indicou que “ofrecemos a este país un pacto interxeracional, que respecte os valores que sempre nos uniron”, ao tempo que avogou porque “Galicia siga sendo con máis intensidade o mellor lugar para formar unha familia”.

“A familia ten que ocupar un lugar central na política galega porque tamén o ocupa na vida das galegas e galegos”, afirmou Feijoo en Vigo, onde asegurou que o PPdeG “temos que ser o partido que máis se parece ás familias galegas: entendendo os seus valores compartidos, as preocupacións dos de mediana idade e os desexos dos máis novos.

 

RESPOSTAS ÁS NECESIDADES DAS FAMILIAS

Feijóo manifestou que o Programa Galicia 0-35 “responde ás necesidades das familias con fillos que precisan servizos de atención á infancia, para as que incrementamos un 76% o número de prazas públicas de gardería; aprobamos o Bono Concilia para as familias que non atopen praza na pública; lanzamos o Bono Coidado para dar cobertura ás necesidades puntuais de axuda no fogar; e subvencionamos a instalación de Casas Niño en 30 concellos do rural”. De cara á vindeira lexislatura, avanzou que “imos consolidar todas estas medidas e chegar a unha ratio de cobertura das escolas infantís públicas do 40 por cento”.

 

Galicia 0-35 tamén incorpora axudas económicas para as familias que teñen fillos, como as deducións fiscais de 360 euros polo primeiro fillo, 1.200 polo segundo e 2.400 por terceiro e sucesivos; ou a Tarxeta Benvida, que facilita 100 euros ao mes ás familias que teñan un fillo e que “imos continuar durante toda a lexislatura que vén, ampliándoa ata os tres anos da vida do bebé en caso de risco de pobreza ou exclusión”. Así mesmo, anunciou que “pediremos ao Goberno central que rebaixe o IVE dos cueiros e a inclusión dun fondo de cohesión demográfica no vindeiro Plan de Financiamento Autonómico”.

 

Entre as medidas dirixidas á conciliación da vida familiar e laboral, o Feijóo lembrou que “demos exemplo fomentando a flexibilidade de horarios e o teletraballo”, e avanzou que “responderemos ao debate sobre a racionalización de horarios incentivando ás empresas para que a apliquen, apoiándoas nos investimentos que teñan que realizar”.

 

EDUCACIÓN ORIENTADA Á EXCELENCIA

“Galicia 0-35 tamén da resposta ás nais e pais que queren que os seus cativos reciban unha educación libre, da máxima calidade, dixital, plurilingüe e orientada á excelencia”, manifestou o Presidente do PPdeG. Para isto, apuntou que arredor do 80% dos colexios e institutos públicos e concertados participan dalgunha acción de fomento do plurilingüismo; e todas as aulas de 5º e 6º de primaria, ESO e bacharelato contan con equipamento dixital. Ademais, anunciou que “estenderemos o plurilingüismo á educación infantil e á FP, e afondaremos na dixitalización de contidos e implantar materias de programación e robótica”.

 

Respecto dos nenos que teñen necesidades especiais, salientou que “somos a comunidade autónoma máis inclusiva, onde nove de cada dez alumnos con necesidades educativas especiais comparten aula cos seus compañeiros”, polo que avanzou que “seguiremos adiante co Plan Xermola de prevención da obesidade, ademais de seguir educando os nenos galegos nos hábitos de vida saudables”.

 

O Programa Galicia 0-35 tamén vai dirixida aos mozos “que queren recibir unha formación profesional de primeira división e que lles sirva para atopar un traballo”. Así, lembrou que “para eles creamos a FP básica e a FP a distancia, e o curso que vén haberá 544 prazas de FP Dual, un 45 por cento máis que o ano pasado”.

 

No ámbito universitario, este programa tamén “ofrece respostas ás familias que queren aforrar en taxas e en transporte metropolitano”. En concreto, salientou que Galicia é a comunidade autónoma coas taxas máis baixas e avanzou que “garantiremos que a universidade galega siga sendo a máis accesible de España durante unha lexislatura máis”. Como novidade, indicou que “recoñeceremos a excelencia dos nosos estudantes, concedendo un Bono-Premio á excelencia de 500 euros aos 10 mellores expedientes de cada curso de grao”.

 

OPORTUNIDADES DE EMPREGO

Feijóo manifestou que o Programa Galicia 0-35 tamén está dirixido “aos mozos que están a buscar oportunidades de emprego, tanto por conta propia como allea”. Ademais de subliñar que o desemprego xuvenil reduciuse máis dun 16 por cento durante o último ano, avanzou que “lanzaremos o programa A miña primeira experiencia laboral, unha bolsa de emprego para as mozas e mozos que veñan de rematar unha carreira universitaria ou un ciclo de FP”. “En Galicia non se paga nin un euro de cota durante o primeiro ano como autónomo, ao tempo que creamos unha das redes de aceleradoras máis potentes de España”, engadiu.

 

“Galicia 0-35 tamén responde ás persoas que queren abrir o seu propio negocio sen pensar en papelame, que queren axuda para empezar a traballar na explotación familiar ou para iniciar a súa carreira como patróns de barco”, sinalou o Presidente do PPdeG. En concreto, dixo que “temos axudas para iniciar a actividade agraria, simplificamos os trámites para abrir un negocio e, na vindeira lexislatura, reforzaremos a plataforma DoingBusiness para seguir eliminando barreiras”.

 

Por último, o programa aposta pola innovación, pola investigación e pola especialización dos campus, axudando a 2.500 científicos mozos ou mellorando a captación de talento nos campus galegos a través da súa especialización. “Para eles, ampliaremos o Programa Oportunius, que está traendo de volta a Galicia aos nosos mellores investigadores, desexados por universidades do mundo enteiro”, sinalo

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies