Skip to content

Feijóo sinala que o PPdeG sae a gañar as próximas eleccións municipais “nos 313 concellos e nas catro deputacións”

01, setembro, 2018.O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, salientou esta mañá que o PPdeG inicia o novo curso político “con optimismo e ilusión” e encara as próximas eleccións municipais saíndo a gañar “nos 313 concellos e nas catro deputacións”. Neste senso, indicou que, fronte ás demais formacións políticas, o Partido Popular de Galicia é o único “cun proxecto para os 313 concellos, cun proxecto para as catro provincias, cun proxecto para Galicia e cun proxecto para España”.

E recordou que “somos o primeiro partido en dous de cada tres concellos; somos o primeiro partido de Galicia; e somos o primeiro partido de España”.

 

Feijóo, que tamén estivo acompañado polo alcalde de Cerdedo-Cotobade e polo presidente do PP de Pontevedra, agradeceu a Pablo Casado-quen hai unhas semanas dixo que quería que o Partido Popular de España se parecese ao PPdeG-, a súa presenza en Galicia: “É un honor que valores e mimes así a nosa lealdade e o noso compromiso con estas siglas e con este país”. “Por iso –engadiu o líder dos populares galegos- comprometémonos a seguir traballando día a día para seguir sendo referentes”.

 

Salientou que o pasado mes de xullo, os afiliados do Partido Popular confiaron en Pablo Casado para que se “escoite a voz desa maioría de españois que piden un país unido, libre e próspero; para que Europa e o mundo sigan mirando a España con respecto e admiración e para que sigas defendendo a igualdade e a unidade entre españois fronte a quen pretendeu fracturar a convivencia”. “Gañaches porque saíches a gañar, porque soubeches transmitir ilusión. E gañando tamén derrotaches os prognósticos de quen desexaba un partido desunido”, indicou Feijóo, quen destacou que é con esa mesma ilusión e ese mesma unidade que levou a Pablo Casado á presidencia nacional do partido coa que o PPdeGafronta as próximas municipais e que o obxectivo é traballar pois para derrotar os augurios, o oportunismo, a decepción e o sectarismo.

 

Feijóo animou a seguir escoitando e defendendo aos veciños, a estar presentes nas 3.772 parroquias galegas, a manter sempre os pés na terra e a seguir formando equipos que combinen experiencia con ilusión. En canto ao proxecto, pediu que sexa “realista e coherente, de benestar para Galicia, de unidade, aberto a todos os galegos, que contribúa a que a nosa comunidade siga crecendo e que sexa, tamén, progreso para Galicia e para España”.

 

O PPDEG, O ÚNICO COMPROMETIDO COS GALEGOS

O presidente Feijóo fixo repaso dos dous últimos anos, nos que incidiu en que, a diferenza do resto de partidos, o PPdeGsi se dedicou a cumprir o seu compromiso cos galegos. “Os eslógans de campaña deixaron paso aos feitos do día a día; as promesas nos mítins deixaron paso ao traballo nas institucións; e os tuits, as vallas e os anuncios deixaron paso ao balance real que pode ofrecer cada partido”. Tal e como engadiu o líder dos populares galegos, foron dous anos que serviron tamén para despexar as incógnitas no ámbito político.

 

Así, dixo, os nacionalistas seguen tentando aplicar as mesmas vellas receitas que os galegos levamos 40 anos rexeitando; Ciudadanos trata de importar problemas que en Galicia non se dan, polo que colleitan fracasos; En Marea que se consolidou como a máquina de xerar desilusión e que nun tempo récord decepcionou aos veciños, aos seus militantes e tamén aos seus dirixentes máis destacados. “E un PSdeG que actúa sempre como sucursal socialista e nunca como partido de Galicia, un partido que oculta o bochorno que sente dicindo ‘si a todo’ a Pedro Sánchez”, salientou Feijóo, quen recordou que ante todos eles está o PPdeG, “un partido que cumpre na oposición e no Goberno, que ten principios e coherencia e que está unido”.

 

O PRIMEIRO TRIMESTRE DO PEDRO SÁNCHEZ PRESIDENTE

Para finalizar, o presidente Feijóo tamén se referiu ao primeiro trimestre de Pedro Sánchez á fronte do executivo central: “No Goberno das aparencias, os xestos eclipsan os feitos e os titulares sonoros intentan ocultar a falta de apoio e iniciativa”. Dixo, ademais, que nin decepciona, porque ninguén podía esperar nada, nin sorprende, porque todo o que fan é exactamente o contrario do que dicían na oposición: “O Pedro Sánchez de hai tres meses xa lle tería presentado varias mocións de censura ao Pedro Sánchez presidente”.

 

“O Goberno coa minoría máis pequena da democracia amosa a máis grande das arrogancias; o goberno menos apoiado polos españois é o máis disposto a ceder ante os independentistas; e o goberno que non saíu directamente das urnas e que se xustifica que foi elixido pola Cámara, sáltase as cámaras, por decretazo ou trampeando para evitar o Senado”, lamentou o líder dos populares galegos.

 

Así, subliñou quefinalmente se confirmou que a moción de censura foi unha festa do PSOE organizada polos populistas e nacionalistas e que agora tan só queda por “saber quen pagará a factura”. “Pode que Pedro Sánchez lle deba todo a Podemos, nacionalistas e independentistas, pero os españois non lle debemos nada. E nós só nos imos deber aos españois”, salientou Feijóo, quen engadiu que “polo ben de Galicia, alégrome de ser presidente debéndome só aos galegos”. Para Feijóo, a diferenza do PSOE, o Partido Popular gañará nas urnas.

 

ORGULLOSOS DE MARIANO RAJOY

“Quero acordarme de quen, ano a ano, non fallou a esta cita e que hoxe non está por non fallar ao seu compromiso de manterse á marxe: o presidente Rajoy”, salientou Feijóo, quen se amosou “orgulloso” de que un galego comprometido con Galicia e con España fose presidente do partido e de España. “Síntome orgulloso de que soubese chegar –gañando eleccións-; estar –primando os intereses xerais-; e irse –con humildade-”, engadiu.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies