O deputado nacional pola provincia de Lugo e portavoz de Industria do Partido Popular no Congreso, Francisco Conde, valorou a situación actual do proxecto de Altri, subliñando que conta cun informe medioambiental que avala a súa viabilidade desde o punto de vista do impacto no territorio.
Neste contexto, Conde reclamou compromiso tanto por parte de Altri como do Goberno central. A empresa debe garantir o cumprimento de todos os condicionantes establecidos pola Xunta de Galicia, así como demostrar a viabilidade económica e financeira do proxecto e o seu impacto positivo en Galicia, sinalou o deputado popular.
Así mesmo, instou ao Goberno de Pedro Sánchez a rectificar e cumprir coa súa responsabilidade. Lembrou que o Ministerio de Industria mantén o proxecto bloqueado e que lle corresponde defendelo en Bruxelas, xa que cumpre cos requisitos medioambientais e industriais establecidos pola Comisión Europea.
Ademais, Conde destacou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica coñece a necesidade de dotar ao proxecto das infraestruturas necesarias para a súa conexión á rede, elemento fundamental para garantir a súa viabilidade.
En definitiva, o deputado popular fixo un chamamento á rectificación por parte do Goberno para permitir o desenvolvemento dun proxecto que pode xerar novas oportunidades para a mocidade galega, especialmente na provincia de Lugo.
Conde subliñou tamén que Altri está aliñado cos obxectivos de loita contra o cambio climático, sustentabilidade e transformación dixital. Por este motivo, instou ao ministro de Industria a comparecer no Congreso dos Deputados para comprometerse coa viabilidade deste proxecto, asegurando un trato igualitario con outras iniciativas industriais que cumpren cos criterios ambientais e industriais marcados pola Unión Europea.
Francisco Conde insta ao Goberno central a cumprir coa súa responsabilidade co proxecto de Altri logo que o informe medioambiental avale a súa viabilidade
Noticias recomendadas
O Parlamento aproba unha iniciativa do PPdeG para esixir consenso, calendario realista e financiamento na futura lei estatal da docencia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa defendida polo deputado do Grupo Popular Julio García Comesaña na que se reclama ao Goberno de España que calquera futura lei sobre
O PPdeG denuncia “a maior aldraxe a Galicia” coa AP-9 e esixe a Pontón e Besteiro “explicacións, desculpas e dimisións”
O portavoz do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos Couñago, denunciou hoxe “a maior aldraxe a Galicia” tras o acordo aprobado no Congreso para a transferencia da AP-9,
Paula Prado reivindica o “compromiso” do Goberno galego co reforzo do dispositivo de prevención e defensa contra incendios forestais, “referencia nacional e internacional”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo hoxe en valor o “compromiso do Goberno galego co reforzo” do dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia,