Skip to content

Iniciativa encamiñada a que se restablezan todos os servizos de tren suprimidos en Galicia e as conexións interiores e con outras CCAA

 

Iniciativa encamiñada a que se restablezan todos os servizos de tren suprimidos amparándose na pandemia tanto nas conexións interiores como con outras comunidades autónomas

O Grupo Parlamentario Popular avoga por un transporte público de calidade e pola mellora das infraestruturas que faciliten a mobilidade das persoas. Neste contexto, o ferrocarril é unha das posibilidades idóneas para garantir o dereito irrenunciable que teñen os cidadáns á mobilidade por, entre outros motivos, seguridade, comodidade, sustentabilidade ambiental, redución do tránsito de vehículos nas estradas e vertebración territorial.

Para garantir os servizos e a competitividade dos territorios, é preciso que os cidadáns teñan á súa disposición un transporte ferroviario de calidade. Iso supón que poidan dispoñer dunha oferta acorde coas súas necesidades, tanto no que respecta ás características dos trens, como a itinerarios, tempos de viaxe e frecuencias.

 

Estes requisitos, lamentablemente, non se están a cumprir na nosa Comunidade Autónoma, que nos últimos anos vén sendo obxecto dunha continua redución e supresión de servizos por parte do Goberno central presidido polo Partido Socialista.

Esta xa de por si situación precaria viuse agravada, neste últimos meses, polo contexto sanitario e a declaración do estado de alarma por mor da pandemia da COVID-19, que limitou ostensiblemente a mobilidade das persoas.

Unha consecuencia desta situación extrema, no que ao transporte ferroviario se refire, foi  a  drástica  redución  e  mesmo  a  supresión  de  servizos  que  agora,  pese  a
restablecerse o dereito á mobilidade dos cidadáns, non se repuxeron por parte do Goberno central. Máis ben ao contrario, semella que Renfe, coa necesaria conivencia do Ministerio de  Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), pretende darlle valor de normalidade á excepcionalidade derivada da COVID-19. Así, constatamos con fonda preocupación, como o deterioro e a merma dos servizos ferroviarios se mantén co conseguinte agravio para os galegos.

Consideramos desde o Grupo Parlamentario Popular que a situación xerada pola COVID-19 non pode ser utilizada como escusa polo Goberno central para eliminar servizos ferroviarios na nosa Comunidade e privar aos galegos dun servizo público esencial, cos conseguintes prexuízos na mobilidade pero tamén na actividade económica que diso se deriva.

Por iso, desde este Grupo Parlamentario, presentamos a seguinte proposición non de lei en pleno:

“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que:

1.- Restableza todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia  provocada  pola  COVID-19,  tanto  no  que  ten  que  ver  coas  conexións interiores na propia Comunidade galega como coas conexións de Galicia con outras Comunidades Autónomas, nomeadamente coas cidades de Barcelona e Madrid, ofrecendo servizos acordes ao incremento da demanda por parte dos usuarios.

2. Incremente o cadro de persoal de maquinistas e dote do persoal necesario aos servizos ferroviarios que se prestan nestas liñas co obxectivo de ofrecer un transporte de tren de calidade aos usuarios”.

 

Rexistro Iniciativa: http://www.parlamentodegalicia.gal/Expedientes/11/PNP-000056

 

Noticias recomendadas

Paula Prado, trala investidura de Alfonso Rueda como presidente: “Fronte aos do non, o PPdeG seguirá sendo o único partido do si a Galicia”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, fixo hoxe un balance do debate de investidura no que Alfonso Rueda foi designado como presidente da Xunta de Galicia amosando a súa
Alberto Pazos asegura que Alfonso Rueda será “o presidente de todos os galegos” con tres eixos de acción: defensa dos intereses de Galicia, progreso económico e mellora dos servizos públicos
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe no Parlamento galego que Alfonso Rueda “relegará desde hoxe o seu papel de candidato da maioría para volver a ser o
Paula Prado: “Mentres no PPdeG podemos falarlle cara a cara aos galegos, o BNG e o PSOE van a mentira por día, cando non son máis”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que, mentres o seu partido pode “falarlle cara a cara aos galegos”, o BNG e o PSOE “van a mentira por
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings