Santiago, 10 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural, José González, e o deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado reuníronse esta mañá cos responsables da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, con quen estudaron a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de promoción deste produto.
José González e Carlos Gómez reuníronse co presidente do Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia, Julio Gómez Fernández, e o secretario e xestor de calidade desta entidade, Ricardo Losada Blanco.
Logo dunha visita polas instalacións da IXP Pataca de Galicia en Xinzo de Limia, os deputados populares amosaron o seu interese polo expediente de ampliación do número de variedades acollidas a esta indicación xeográfica protexida (a agria e a fina de Carballo), de xeito que se abra á comercialización dun maior número de produtos.
Así mesmo, na reunión estudouse a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de promoción específica da pataca de Galicia, co obxectivo de ampliar o seu mercado de distribución como un produto de calidade.