Skip to content

O PPdeG advirte que o Goberno de Sánchez deixa sen cubrir unha de cada tres prazas de médicos de valoración de incapacidades da Seguridade Social en Galicia

O PPdeG denuncia a “alarmante carencia” de facultativos de valoración de incapacidades no Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), un servizo dependente do Goberno central que dispón na actualidade dunha de cada tres prazas sen cubrir no conxunto das catro provincias galegas.

Así se desprende dos datos facilitados polo Goberno de Sánchez tras unha pregunta dos deputados do PP no Congreso, que ven “preocupante” a resposta do Executivo, ao recoñecer que só se cobren 37 das 55 prazas dispoñibles en A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense. Así, hai na actualidade 18 dotacións sen funcionamento, unha situación que para os populares galegos “confirma a incapacidade de xestión de Sánchez e os seus socios independentistas”.

A resposta oficial recolle que a “falta de profesionais médicos afecta a todos os ámbitos e as unidades médicas do INSS non son alleas a este problema”, polo que o propio Goberno de Sánchez recoñece esta carencia de efectivos e, pese a isto, “o Ministerio de Sanidade négase a escoitar aos propios profesionais e as demandas das Comunidades Autónomas”, reitera o deputado galego Jaime de Olano.

UN “GRAVE DÉFICIT” DENDE QUE SÁNCHEZ CHEGOU Á MONCLOA

Os deputados populares insisten nun “grave déficit” que se acentúa en provincias como Lugo, onde nos últimos sete anos -dende que Sánchez preside o Goberno- se reduciu nun 75% a cobertura destas prazas médicas. 

 No caso de Ourense, o número de médicos activos pasou de 7 en 2019 a apenas 5 na actualidade. En A Coruña e en Pontevedra prodúcese un descenso similar, pasando dos 18 efectivos activos en ambas provincias hai sete anos aos 15 actuais. 

 SÓ DOUS MÉDICOS EN LUGO

 Centrándonos só nos datos de 2025, Lugo sofre a maior falta de cobertura. Das 9 dotacións convocadas, só hai dúas en activo. A Coruña ten cinco prazas sen funcionamento das 20 totais, mentres que Ourense funciona só con cinco médicos, pese as sete prazas que hai convocadas. Por último, Pontevedra ten 15 facultativos traballando, pero deixa catro prazas sen cobertura.

Os populares condenan que “o Goberno se negue a ofrecer os datos sobre o tempo medio de espera dende a solicitude ata a recepción dun ditame por parte do equipo de valoración de incapacidades”. Nese sentido, “moito nos tememos que o servizo rexistra un longo tempo de agarda”, advirte Jaime de Olano.

O propio Executivo explica que foron convocadas 181 prazas en toda España no 2024 -incluíndo as prazas que quedaran vacantes nas convocatorias dos dous anos anteriores- e só 53 persoas superaron o proceso selectivo. E no 2025 convocáronse 161 das que 127 se corresponden con prazas sen cubrir nas dos anos 2023 e 2024. É dicir, perdéronse as prazas que quedaron vacantes na convocatoria do 2022.

O deputado lucense Jaime De Olano incide en que a falta de cobertura destas prazas “é un exemplo máis da incapacidade do Goberno de Sánchez en dar resposta ás necesidades de tódolos españois e, particularmente, do castigo a Galicia”, polo que urxe ao Ministerio de Sanidade a “tomar medidas ante este problema transversal”.

De Olano condena tamén a actitude de PSOE e BNG, “moi bravos en Galicia e moi mansos en Madrid” porque “en Galicia maniféstanse contra a Xunta de Galicia polo déficit de médicos, pero en Madrid non fan nada, a pesar de que recoñecen que este asunto afecta a todos os ámbitos e a todo o país”.

Noticias recomendadas

O PPdeG cualifica de “cinismo absoluto” as críticas do PSdeG polas axudas ao marisqueo
O Partido Popular de Galicia cualificou hoxe de «cinismo absoluto» as recentes declaracións do PSdeG respecto ao plan de rescate autonómico para o sector marisqueiro. Desde as filas populares advirten
O PP condena “o abandono” do Goberno de Sánchez aos gandeiros lucenses que deixou sen fondos para paliar os ataques do lobo a pesar da alta incidencia dos danos
O PP lucense lamenta “a falta de sensibilidade” do Goberno de Sánchez cos gandeiros afectados polos ataques do lobo; toda vez que “os deixou sen fondos estatais no 2025 para
Paula Prado esixe ao Goberno de Sánchez que se “poña do lado do emprego” e actúe “de forma urxente” para frear a crise do Grupo Losán
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, urxe ao Goberno de Sánchez e aos seus socios que actúen “de forma urxente para frear a crise que vive o Grupo Losán
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies