Santiago, 18 de xuño de 2019.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, insistiu hoxe no Parlamento que “a Xunta de Galicia cumprirá estritamente a lexislación vixente, aprobada polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas, para a posible autorización da reapertura da mina de Touro”.
Teresa Egerique criticou aos grupos da oposición pola súa “hipocrisía política e cinismo, xa que están a dicir que defenden o sector da minería en Galicia, que da emprego a máis de 5.000 persoas na nosa comunidade, pero están a poñer todas as trabas posibles para que os proxectos que se presentan poidan levarse adiante”.
“Desde o PPdeG defendemos tanto ao sector mineiro como o sector pesqueiro, porque levan convivindo desde sempre e xerando emprego e riqueza para Galicia”, sinalou a portavoz popular.