Hoxe, Paula Prado en rolda de prensa na sede autonómica do partido
- A secretaria xeral dos populares galegos anunciou que os candidatos do PP ás Alcaldías das cidades serán presentados este sábado no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, ante un milleiro de persoas: “Contamos con sete excelentes profesionais para liderar os sete equipos e os sete proxectos de cidade que presentaremos ás eleccións municipais”.
- Apunta que Marta Fernández-Tapias en Vigo, Miguel Lorenzo en A Coruña, Manuel Cabezas en Ourense, Elena Candia en Lugo, Borja Verea en Santiago, Rafa Domínguez en Pontevedra e José Manuel Rey Varela en Ferrol “están preparados” e son “a única alternativa” para que “o modelo de solvencia autonómico da Galicia actual” se estenda ás sete cidades galegas.
- Destaca que o PPdeG é o que está mellorando as grandes urbes “grazas ao compromiso e ao traballo do Goberno galego”, como demostran os Orzamentos de 2023: “Somos maioría os que confiamos nas políticas do Partido Popular de Galicia e agardamos que sexa así tamén nas cidades o 28 de maio de 2023”.
- Resalta que Galicia volveu ser unha das primeiras Comunidades Autónomas en aprobar os seus Orzamentos, marcando o camiño “do mellor xeito de facer política”: “Poñémonos á altura co orzamento máis alto da historia, 12.620 millóns de euros, e con máis gasto social ca nunca, 9.368 millóns de euros”.
- Salienta que Galicia volve botar da man a estabilidade, “a mellor ferramenta coa que contamos”, para aprobar de novo os Orzamentos da Xunta “en tempo e forma”. “Fronte ás liortas internas dun Partido Socialista dividido en dous e fronte ás liortas internas do BNG, que afondan na soidade dunha Ana Pontón sen equipo, instalada nunha imaxe catastrofista de Galicia e cun afán independentista que ninguén lle compra; nós ofrecemos a estabilidade e o sentidiño que queren todos os galegos e galegas”, subliña.
- “Hai dúas semanas, o Goberno central presentaba unhas Contas Xerais do Estado que en realidade son contos”, manifestou pedindo aos ministros de Pedro Sánchez que deixen de visitar a nosa Comunidade para “insultar e facer anuncios publicitarios”: “Encoméndolles que deixen a egolatría a un lado e empecen a comprender e entender Galicia. Aos galegos e galegas non se nos engana tan fácil como eles cren”.
- “A Xunta quere estar ao carón da xente e, sobre todo, poñer os recursos públicos ao servizo da xente e das súas dificultades. Somos unha gran maioría os que cremos nesta Galicia da estabilidade e o sentidiño, fronte a contos e independentismos”, incidiu.