A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, participou hoxe na reinauguración da sede do PP de Melide, un espazo no que os populares desta localidade coruñesa levan anos traballando e agora, recentemente rehabilitado, está listo para facer fronte a próximos retos electorais.
Así o manifestou a número dous dos populares galegos, na visita á sede, totalmente reformada, e na que fixo de anfitrión o candidato do PP de Melide á Alcaldía, Asier Polo. Neste sentido, os populares reivindican a nova etapa do partido, cun equipo renovado con Polo á fronte e cunha sede preparada e modernizada para afrontar os cambios. A responsable da área de Política Social e Igualdade do Goberno galego, Ángeles Vázquez, así como outros cargos do partido, tamén participaron neste encontro.