Skip to content

Pedro Puy asegura que “o exercicio da autonomía está sendo fundamental para a loita contra a pandemia”

Santiago, 12 de abril de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe, no día que o Parlamento galego conmemora o 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, que “o exercicio da autonomía está sendo fundamental para a loita contra a pandemia”.

“O grupo parlamentario maioritario estamos na realidade coas nosas iniciativas, mentres que o principal grupo da oposición está na proposta dun programa ideolóxico, que se asemella máis ao BNG do inicio do proceso autonómico que o que debería ter hoxe como a súa principal preocupación”, sinalou.

 

Pedro Puy apuntou que o Estatuto de Autonomía “permitiu desde o primeiro día o desenvolvemento da Comunidade galega en todos os ámbitos: xurídico, institucional, avance do autogoberno, na autoidentificación e na construción das institucións propias de Galicia, dentro dun Estado composto no que as autonomías exercen as súas competencias con lealdade institucional e con espírito de cooperación, acadando cotas de progreso sen igual na historia contemporánea”.

 

Neste sentido, indicou que neste momento “o exercicio da autonomía de Galicia está sendo fundamental na loita contra a pandemia, adaptando ás políticas á realidade sociolóxica da Comunidade galega e conseguindo uns resultados dos que, en termos comparativos, podemos sentirnos satisfeitos”.

 

 

 

O portavoz popular lamentou que “o mesmo día que conmemoramos o Estatuto de Autonomía de Galicia de maneira oficial, a líder da oposición pide un estado confederal que non encaixa na nosa Constitución”. Do mesmo xeito, engadiu que “mentres o Grupo Popular leva ao Pleno desta semana iniciativas de reactivación económica na comarca de Ferrol ou que o reparto dos fondos europeos se faga con equidade, porque a Galicia lle corresponde moito máis do que nos están a conceder, vemos que o BNG pide un referendo no Bierzo para facer unha nova provincia ou, nun momento no que se está a vacinar a millóns de persoas en todo o mundo, veñen con ideas como eliminar as patentes das vacinas”.

  

 

“Este xuízo non evita que pactemos todo aquelo que, veña de quen veña, consideremos que mereza o apoio do Grupo Parlamentario”, sinalou Pedro Puy, quen lembrou que “neste Pleno imos apoiar unha pequena reforma da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero pola que a violencia vicaria, algo que a Xunta xa está atendendo, se vai incorporar como unha das formas deste tipo de violencia tan execrable”.

 

DESCUSPAS TÍMIDAS

 

Por outra banda, Pedro Puy manifestou “todo o apoio dos deputados do Grupo Popular á nosa viceportavoz, Elena Candia”, polo ataque machista que sufriu por parte do presidente socialista da Deputación de Lugo. “Houbo unhas desculpas tímidas, pero todos debemos evitar tanta personalización nas críticas políticas, especialmente aquelas que son gravemente desafortunadas por canto inciden nas desigualdades de xénero”.

 

Cuestionado sobre a tramitación do proxecto de Lei de cambio climático nas Cortes Xerais, Puy recoñeceu a existencia de discrepancias xurídicas, pero lembrou que “a nosa opinión é compartida polos órganos consultivos de Galicia e por todo o sector, que está a denunciar que non se contara con eles na preparación dunha norma que lles vai afectar”.

 

“A Xunta fai moi ben dirimindo xuridicamente esta discrepancia, no caso de que no final do trámite se manteña ese artigo da Lei de cambio climático que trata de ir reducindo a presenza de industrias no litoral”, manifestou, para engadir que “é unha medida certamente contraproducente e moi especificamente nestes momentos nos que a pandemia está a xerar unha crise económica moi fonda e o propio sector mar-industria ten demostrado a súa importancia produtiva para exportar e manter postos de traballo”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies