Skip to content

Puy amosa “o noso agradecemento e respaldo a Rajoy, un Presidente do Goberno digno ata o final”

Santiago, 4 de xuño de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou “o noso agradecemento e respaldo persoal a Mariano Rajoy, un Presidente do Goberno de España digno ata o final que deixou a Presidencia nunha moción de censura coa elegancia que caracterizou a súa presenza na política”. A nivel de Galicia, Puy asegurou que “abordamos os próximos días con absoluta tranquilidade, porque a estabilidade institucional está perfectamente garantida coa maioría ampla que respalda as políticas do Goberno galego e, a nivel político, porque pertencemos a un partido democrático que nos vindeiros días vai tomar as decisións que considere oportunas nesta nova situación”.

 

Pedro Puy lembrou que o Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana dúas proposicións non de lei. Unha primeira, a través da que se solicita que a  Xunta, paralelamente ao investimento público que vén realizando en tecnoloxía sanitaria, fomente e acolla de xeito complementario todas aquelas accións de mecenado que redunden nunha mellora do servizo ao paciente.

 

INTERMODAL DE SANTIAGO

En segundo lugar, demándase ao Concello de Santiago inicie, o antes posible, a redacción do proxecto de accesos que garanta a funcionalidade da nova estación de autobuses de Santiago a partir da rúa Clara Campoamor. Puy apuntou que esta iniciativa coincide co anuncio realizado polo Concello de que atrasa un mes máis o concurso para os accesos á estación intermodal, logo de que se detectaran fallos na tramitación administrativa municipal.

 

Así mesmo, o portavoz popular indicou que o Grupo Popular preguntará ao Goberno galego polas axudas destinadas aos afectados pola explosión dun almacén ilegal e clandestino de material pirotécnico en Tui. Neste sentido, indicou que, “nunha situación extraordinaria como esta, todas as administracións deben involucrarse” e salientou que “a  Xunta estivo áxil na posta de recursos a disposición dos afectados”. Porén, considerou “chamativo que no ámbito da Administracion provincial o único que se propón é una reasignación dos cretos atribuídos a ese concello, cando ten necesidade dunha aportación maior para resolver o problema xerado pola explosión dun almacén pirotécnico ilegal”.

 

LEGADO DE MARIANO RAJOY

Puy tamén informou que na reunión dos deputados do Grupo Popular celebrada esta mañá “analizamos a situación política actual, que ten mudado como consecuencia da tramitación con éxito dunha moción de censura no Congreso”. Neste sentido, amosou “o noso agradecemento e respaldo persoal a quen foi desprazado por esta moción de censura, o Presidente Mariano Rajoy Brey, que actuou correctamente respectando un trámite constitucional e non abrindo novos procesos de incerteza como os que podería xerar a apertura dun novo proceso de investidura”.

 

O portavoz popular salientou “o legado” que deixa Mariano Rajoy logo do seu paso pola Presidencia do Goberno de España: “colleu o país cun déficit de preto do 11 por cento e agora estamos no 3 por cento; destruíanse milleiros de postos de traballo e nos últimos anos téñense creado máis de 1 millón de empregos; e o PIB leva crecendo catro anos por enriba do 3 por cento”.

 

Neste sentido, Pedro Puy referiuse aos datos de paro rexistrado coñecidos esta mañá e subliñou a caída do paro de máis dun 6 por cento en España no último ano e o incremento de máis de 570.000 novos afiliados á Seguridade Social. No caso de Galicia, destacou que a baixada do paro no último ano achégase ao 11,5 por cento, “situando a cifra de parados en niveis moi inferiores ao que tiñamos cando entramos a Gobernar en 2009”. “A situación laboral non só mellora en termos de creación de emprego, senón tamén en incremento do emprego indefinido e a tempo completo”, indicou.

 

INCERTEZAS CO NOVO GOBERNO

Pedro Puy alertou que “novo goberno central abre moitas incertezas en Galicia”. Así, referiuse ás declaracións realizadas por dirixentes socialistas galegos nas que indican que a AP-9 e a súa transferencia non entran no trazo gordo do novo goberno e demandan a reforma do financiamento autonómico, cando o propio Pedro Sánchez xa anunciou no debate da moción que non se daban as condicións para esta modificación”.

 

“Desde a Xunta e o PPdeG imos seguir como ata o de agora porque nos debemos aos galegos, polo que continuaremos defendendo os intereses de Galicia con independencia de quen ocupe a Presidencia do Goberno de España”, asegurou.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies