Santiago, 28 de setembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “decepcionante” o resultado das negociacións para a venda da factoría de Alcoa en San Cibrao e avogou por “analizar todas as opcións que, dentro do marco legal vixente, permitan a garantía da continuidade desta empresa e o mantemento dos postos de traballo”.
Pedro Puy lamentou que as negociacións para a compra da factoría de Alcoa en San Cibrao “non fructificaron nun acordo no prazo sinalado” e considerou “fundamental que se manteña tanto a produción como os postos de traballo”. Neste sentido, incidiu que tanto o Goberno galego como o PPdeG “seguirá ao lado dos traballadores na busca dunha solución que garanta a viabilidade desta factoría”, a única que produce aluminio primario en España.
?️Para nós segue sendo prioritario que se manteña a actividade industrial en Alcoa, seguiremos do lado dos 2.000 traballadores,esixindo a viabilidade dunha factoría que ten un papel estratéxico non só na comarca senón na economía española, Pedro Puy @ppdegalicia @PPdeLugo pic.twitter.com/LebTGLLC3O
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) September 28, 2020
MARCO PARA CHEGAR A UN ACORDO
Na súa intervención, Puy asegurou que “hai un marco para chegar a un acordo entre as dúas empresas” e sinalou que “non é de recibo que non se antepoñan os intereses dos traballadores e da propia economía española, non só polo impacto no emprego senón tamén polo proceso produtivo”.
▶️Pedro Puy sobre Alcoa:
✅Non é de recibo que non se antepoñan os intereses dos traballadores e da propia economía española,
✅ O Goberno do Estado e Xunta deben continuar traballando xuntos e despexar calquera dúbida como en relación ao marco eléctrico @PPdeLugo @ppdegalicia pic.twitter.com/yFWuzYDB9T— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) September 28, 2020
O portavoz popular demandou que “o Goberno de España e da Xunta deben continuar traballando xuntos para atopar unha solución posible”, pero lembrou que “o marco eléctrico condiciona toda negociación entre as dúas empresas”. “Seguimos pensando que é necesario que haxa certeza sobre os prezos eléctricos, e consideramos que as empresas españolas non poden pagar o dobre que en Francia e máis do dobre que en Alemaña”.
Así mesmo, avanzou que “seremos construtivos e leais con quen procure unha solución para este conflito e esperamos que esta situación lamentable se resolva canto antes”, porque alertou que “outras empresas galegas poden entrar nesta dinámica se non se clarexa un horizonte de prezos da enerxía para as empresas electrointensivas, como Alu Ibérica, Celsa ou Xeal, a antiga Ferroatlántica en Cee-Dumbría”.
TRAMITACIÓN PROXECTOS DE LEI
Por outra parte, Pedro Puy salientou que “o Parlamento galego vai collendo ritmo no seu traballo”. Neste sentido, informou que o Goberno galego xa rexistrou os proxectos de lei de ordenación do territorio de Galicia e de pesca continental de Galicia, “e estamos pendentes de que entren os proxectos de lei de lei de impulso demográfico, de residuos e solos contaminados, de regulación da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia; ou de museos de Galicia”.