Skip to content

Puy demanda que no último trámite no Congreso se recoñeza o Dereito Civil de Galicia e non se considere fraude os pactos sucesorios galegos

Santiago, 21 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe no Parlamento galego que as emendas presentadas polo PSOE ao proxecto de Lei antifraude “veñen darnos a razón sobre que esta norma vulnera o Dereito Civil e a autonomía financeira de Galicia”, pero considerou insuficiente que se acoute a cinco anos a consideración de fraude para quen venda un bens procedentes dun pacto sucesorio e demandou que “no último trámite no Congreso se acepten definitivamente as emendas do Grupo Popular e non se considere fraude cando un galego exerce os seus dereitos cumprindo a lei vixente”.

 

 

Pedro Puy lembrou que o Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento que se inicia mañá unha proposición de lei de reforma da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero co obxectivo de incluír a violencia de xénero dixital, é dicir, aquelas condutas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, do correo electrónico, internet, sistemas de mensaxería dixital ou das redes sociais.

 

ACTUALIZAR A NORMATIVA

 

“Con esta modificación, xunto coa que xa está en tramitación para incorporar a violencia vicaria na Lei galega para o tratamento da violencia de xénero, será un paso adiante para que a nosa norma estea actualizada”, manifestou o portavoz popular.

 

En segundo lugar, Puy explicou que o Grupo Popular defenderá dúas proposicións non de lei na sesión plenaria. A primeira delas ten como obxectivo que o Goberno central renuncie á súa intención de instalar proxectos eólicos fóra das áreas definidas no Plan eólico de Galicia, así como aqueles que se atopen en Rede Natura.

 

Neste sentido, sinalou que “existe unha preocupación en toda Galicia polo importante número de proxectos eólicos que se están a tramitar, moitos deles en zonas nas que non poderán ser instalados”, sen respectar o recollido tanto no Plan sectorial eólico como na Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica.

 

DISCRIMINACIÓN CON GALICIA

 

Así mesmo, o Grupo Popular insistirá en que o Goberno de España respecte a autonomía financeira e a capacidade normativa en materia tributaria que a Constitución, o Estatuto de Autonomía e as leis lle recoñecen a Galicia. En concreto, o proxecto de Lei de medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal que se está a tramitar nas Cortes Xerais e que ataca directamente ao Dereito Civil de Galicia, xa que restrinxe a capacidade de disposición dos herdeiros en vida do que teñen percibido, facéndolles tributar por unha parte do valor dos bens que queda exonerada de percibilos ao falecemento do causante.

 

“Estamos a favor da tramitación dunha Lei antifraude que reforce os instrumentos da Axencia Tributaria e a Inspección de Facenda, pero tamén estamos en contra de que se considere defraudador a un galego que exerce os seus dereitos cumprindo unha lei”, indicou Pedro Puy.

 

O portavoz popular referiuse ás emendas presentadas polo PSOE no Senado a este proxecto de lei, “coa que se mellora esta cuestión porque se acouta a cinco anos a consideración de fraude para quen realiza o pacto sucesorio e o que recibe o ben o poda vender”. “Estase a reducir o alcance temporal dunha medida que sigue sendo discriminatoria con Galicia”, polo que confiou que no último trámite no Congreso se acepten as emendas do Grupo Popular para que non se considere fraude a venta dos bens recibidos nun pacto sucesorio.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies