Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para demandar do Goberno de España a reconsideración da centralización das salas do 091 e a cobertura urxente de todas as vacantes nos cadros de persoal
As salas do 091, con máis de medio século de historia xa que se implantaron no ano 1960 en todo o territorio nacional,constituiron desde sempre a pedra angular sobre a que acaía a práctica totalidade da protección cidadá.
Centros de coordinación operativa por excelencia, nos que se reciben e se dan respostas inmediatas ás demandas de información e solicitudes de axuda dos cidadáns.
Centros desde onde, entre outras moitas funcións, distribúense os efectivos de seguridade cidadá para optimizar os tempos de resposta, e non só efectivos policiais, tamén dirixen o traballo, ante situacións de risco ou dispositivo especiais, de coordinación operativa de todos os servizos de emerxencia, os bombeiros, a Policía Local, ambulancias…
As veciñas e veciños de Ourense e Lugo contaban, 24 horas ao día e os 365 días do ano, con salas 091 ubicadas nas comisarías provinciais de cada unha das cidades ata hai pouco máis dun mes, que se materializou o acordo da Secretaría Xeral da Dirección General da Policía para a concentración dos CIMACC 091 Ourense e Lugo no CIMACC 091 de A Coruña
O desmantelamento das salas 091 de Ourense e Lugo é xa unha realidade desde o pasado día 8 de marzo. Un desmantelamento que se fixo efectivo sen ter en conta as federacións veciñais das dúas cidades, coa oposición das organizacións sindicais da Policía e os propios axentes, que son os que mellor coñecen o servizo, e a pesar de ser rexeitada a actuación polos cidadáns, que viron como se perdía un servizo público preto das súas vivendas, e que iso conlevaba a pérdida irremediable de inmediatez e polo tanto unha merma na súa seguridade e calidade de vida.
Todas as voces apuntaban a que a centralización no CIMACC de A Coruña suporía un perxuízo para os cidadáns, e durante estes días coñecemos que tanto Ourense como Lugo, desde a centralización, tiveron franxas horarias nas que estiveron sen servizo ao verse desbordados os funcionarios que atenden o CIMACC de A Coruña.
Precariedade laboral, escasez de persoal e falta de atención redundan no deterioro dun servizo público esencial e na merma da atención que está a recibir a cidadanía destas dúas provincias.
Por todo o exposto, O Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
“1) O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que reconsidere a súa decisión de centralizar as salas 091 da Policía Nacional de Ourense e Lugo no CIMACC de A Coruña, e restaure o servizo das salas 091 nas Comisarías de Ourense e Lugo ao obxecto de seguir prestando un servizo público eficaz e cercano aos cidadáns.
2) O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España, para que con carácter urxente cubra todas as vacantes existentes nos cadros de persoal das comisarías galegas e incremente os medios materiais necesarios para o seu correcto funcionamento.
3) O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España, para que con carácter urxente cubra todas as vacantes existentes no cadro de persol da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma”.
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Rexistros/v4PSRou7o7MqZopvu9BktTXy0n3YGksd7OU2szvq8r4=