Skip to content

Solicitude da fixación dun prezo eléctrico competitivo para os consumidores electrointensivos e plan para Alcoa poida optar ao Fondo Europeo de Recuperación

 

Solicitude da Xunta de Galicia ao Goberno central da fixación dun prezo eléctrico competitivio para os consumidores electrointensivos e o compromiso para que o plan industrial para Alcoa poia optar ao Fondo Europeo de Recuperación 

O pasado 28 de maio a empresa Alcoa anunciou un Expediente de Regulación de Emprego para 534 traballadores das súas plantas na provincia de Lugo, como paso previo ao peche das súas factorías en Galicia, enfrontándonos así á ameaza real de poñer fin á produción de aluminio na Comunidade, unha materia básica e esencial para a nosa economía. Esta noticia culmina meses de incertezas sobre a viabilidade da empresa, lastrada fundamentalmente por un prezo inasumible da enerxía para unha produción competitiva.

O mero relato dos feitos é implacable co Goberno Sánchez primeiro, e co Goberno Sánchez-Iglesias, apoiado polo BNG, despois, posto que amosa un desleixo absoluto na solución deste problema.

 O 31 de outubro de 2018, a ministra Teresa Ribera anunciou por primeira vez un estatuto electrointensivo no Congreso.
 O 5 de febreiro de 2019, Reyes Maroto anuncia o estatuto para dentro de 3 meses.
 O 11 de marzo de 2019, Pedro Sánchez afirmou nun mitin na Coruña que en nove meses o seu goberno xa garantira o futuro para Alcoa.
 O 26 de xuño de 2019, unha vez pasadas as eleccións xerais, Reyes Maroto afirmou que se aprobaría o estatuto en canto se configurase o Goberno.

 O 20 de xaneiro de 2020, logo dunha repetición electoral e co goberno de coalición xa configurado, a ministra Yolanda Díaz dixo que o estatuto estaría aprobado “nuns días”.

Cando por fin presentaron un borrador de estatuto, en febreiro de 2020, tanto as administracións autonómicas, como as empresas, como os comités coincidiron en que era insuficiente e non garantía a continuidade das industrias electrointensivas. De feito, Galicia, Asturias e Cantabria, tres autonomías gobernadas por partidos políticos distintos, conseguiron pactar unhas alegacións comúns ao Estatuto do Goberno, demostrando que este non era un tema de batalla política, senón de defensa dos intereses da industria e do emprego. Malia isto, a resposta do Goberno Central seguiu a ser o silencio e a deixadez.

O 30 de xullo, Alcoa informou de que o principal interesado en mercar as plantas de Lugo é o grupo Liberty House. Así, o 20 de agosto, o presidente Alberto Núñez Feijóo reuniuse cos responsables de Liberty House para coñecer o plan de futuro que teñen previsto desenvolver en Alcoa San Cibrao no caso de que a operación de compra- venda da factoría se resolva de forma satisfactoria. Neste sentido, a administración autonómica insistiu en que segue aberta a colaborar e formar parte da solución, sempre que esta pase por un proxecto viable e de futuro que garanta o mantemento dos postos de traballo e da actividade dunha factoría esencial para o desenvolvemento económico de toda a comarca da Mariña.

Con todo, desde o Grupo Popular entendemos que a solución, sexa a que sexa, pasa necesariamente por garantir un prezo eléctrico competitivo para toda a industria electrointensiva, que dea certezas ao sector e despexe o horizonte de cara ao futuro e garanta a viabilidade das empresas.

ImagePolo exposto, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno Central para

1. Fixar un prezo eléctrico competitivo, que pase pola aprobación dun estatuto para consumidores electrointensivos, incrementar ata o máximo que autoriza a Unión Europea as compensacións por custos indirectos de CO2 e un novo sistema de xestión da demanda que substitúa á poxa por interrompebilidade.
2. Amosar o seu compromiso de avaliar que proxectos do plan industrial de Liberty para as fábricas de Alcoa poidan optar ao Fondo Europeo de Recuperación Europeo de Recuperación.

 Nota de Prensa: http://www.ppdegalicia.com/index.php/gl/novas/item/4725-o-parlamento-galego-demanda-ao-goberno-central-que-fixe-un-prezo-electrico-competitivo-para-as-industrias-electrointensivas

Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-000065

 

Noticias recomendadas

Alfonso Rueda: “A receita para que Galicia e Ourense sigan funcionando é a da centralidade, a estabilidade e o sentidiño que representa o Partido Popular”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que na centralidade, na estabilidade e no sentidiño que caracterizan ao Partido Popular está “a receita” para que Galicia e Ourense “sigan
Alberto Pazos traslada a preocupación do pobo saharaui polo “incomprensible bandazo do Goberno de Pedro Sánchez nas relacións de España co Sáhara Occidental”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, trasladou hoxe, logo da viaxe dunha delegación do Parlamento de Galicia ao campo de refuxiados saharauis de Tinduf en Alxeria, a preocupación existente
O Grupo Popular asegura que SOGAMA manterá a media do canon de 2023 aos concellos adscritos
O deputado do Grupo Popular Roberto Rodríguez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que SOGAMA manterá de media o mesmo canon do ano 2023, fixado en 66 euros por
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies