Skip to content

Tellado: “Sánchez ten que rectificar e buscar solucións tras provocar a maior crise industrial da nosa historia recente”

Di que, malia sumar catro millóns de desempregados e ter un millón de traballadores en ERTE, o Goberno quere botar a ENCE e Alu Ibérica do país 

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou a deixadez e o abandono do Goberno central que, unido á súa política enerxética e industrial desastrosa, están provocando no sector a maior crise da súa historia recente. “Pedro Sánchez ten que rectificar e buscar solucións para o noso tecido industrial, antes de que sexa demasiado tarde”, aseverou.

 

Como ocorreu coa planta de Alcoa en San Cibrao e con Siemens-Gamesa nas Somozas, indicou que agora seguen o mesmo camiño ENCE e Alu Ibérica, unhas empresas que non se están indo de España senón que as están botando.

“A suposta política de transición ecolóxica do Goberno nin é ecolóxica nin aposta por ningunha transición. Galicia está sendo vítima de políticas caóticas e contraditorias que non atenden a ningunha estratexia industrial, só ás imposicións ideolóxicas deste Executivo que está destruíndo o presente e o futuro do tecido industrial galego”, precisou.

 

O número dous do PPdeG incidiu en que, nun país que supera os catro millóns de desempregados e que ten un millón de traballadores e ERTE, o Goberno non só e culpable por acción senón tamén por omisión, pois négase a tomar medidas necesarias e nin sequera busca solucións para que as empresas non fuxan de España e milleiros de postos se vaian á rúa.

 

No caso de ENCE, que garante o sustento de máis de 5.000 familias, “todo depende da vontade política do PSOE, que só debe realizar unha pequena modificación na Lei de Cambio Climático”. Segundo recordou, a empresa pasa cada ano todas as inspeccións medioambientais da Xunta e cumpre todas as normativas vixentes en materia ambiental, polo que Sánchez busca no ecoloxismo unha escusa para deixar a miles de galegos na rúa: “É vinganza, un novo ataque a Galicia por non votar ao PSOE”.

 

Así mesmo, Tellado tamén afeou a indiferenza coa que reaccionan o PSdG e o BNG neste Concello, que non din “nin unha palabra ante esta situación, que no caso de materializarse, provocaría un dano irreparable á cidade de Pontevedra, á provincia e a toda Galicia”.

 

De igual xeito, amosouse preocupado polo caso de Alu Ibérica tras estarse demostrando que o acordo de venta ao que chegaron Alcoa e o Goberno de Sánchez en 2019 foi un “peche en falso”, como xa advertira a Xunta.

 

O INDEPENDENTISMO DO BNG

Por outra banda, o secretario xeral falou da perigosa deriva antisistema do “Bloque Independentista Galego”, que cada día manifesta máis abertamente as súas posicións soberanistas e rupturistas co noso sistema democrático.

 

Nese senso, criticou os movementos dentro do BNG que apostan abertamente polo independentismo en Galicia, cunha linguaxe moi preocupante que chama á loita e á revolución. Precisamente onte no Congreso os nacionalistas volvían unirse aos independentistas cataláns e aos radicais vascos de Bildu, o que o deputado Néstor Rego definiu como “unha fronte republicana e soberanista”.

 

“O Bloque pasou do nacionalismo pragmático de Anxo Quintana ao separatismo agresivo de Oriol Junqueras e á filosofía borroka de Arnaldo Otegi. Esta é a forma que ten de defender os intereses dos galegos en Madrid”, dixo explicando que, “para montar teatriños en contra da Monarquía e da Constitución da man de Esquerra e Bildu, o BNG é sempre o primeiro”.

 

REIVINDICAR CON PRUDENCIA

Por último, sinalou que o PPdeG unirase ás reivindicacións do Día da Muller e avanzou que os populares celebrarán un acto no que terán todo o protagonismo mulleres anónimas da sociedade civil.

 

Sobre isto, aclarou que a visibilidade das reivindicación non pode ser incompatible coa prudencia. “Non nos corresponde a nós autorizar ou desautorizar as manifestacións. En todo caso, a todas as persoas que decidan saír á rúa, pedímoslle o maior comportamento cívico e o respecto, escrupuloso, das recomendacións sanitarias”, engadiu afirmando que agardan que, o 8 de marzo, a única noticia sexa a loita pola igualdade real entre homes e mulleres.

 

Ademais, lembrou que este é o segundo ano que vivimos este día baixo a pandemia “pero o primeiro no que o Goberno non o oculta”, apuntando que agora estamos ben informados das consecuencias das aglomeracións, cousa que non ocorreu o ano pasado pola desinformación dun Executivo que primou a súa axenda partidista á saúde pública.

 

De feito, cuestionou que a Ministra de Igualdade estea volvendo convocar manifestacións aínda que recoñeceu non sorprenderse das constantes contradicións do Goberno central nin da irresponsabilidade dos ministros de Podemos.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies