Skip to content

Feijóo destaca a reacción do PPdeG tralas eleccións municipais como clave da vitoria nas autonómicas: “o partido volveu á rúa”

Santiago, 28 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou a reacción dos populares galegos tralas pasadas eleccións municipais como clave da vitoria nas autonómicas xa que “o partido volveu á rúa”. Así remarcou que agora volven saber conectar co que sempre aspiraron a ser: o partido que máis se parece a Galicia, galeguistas, reformistas, e comprometidos.

Desta maneira se expresaba Feijóo durante a súa intervención na Xunta Directiva do PPdeG, onde agradeceu a participación de toda a súa formación durante a campaña de eleccións autonómicas, poñendo en valor tamén o intenso traballo realizado desde o congreso autonómico do pasado mes maio. 

Tal e como dixo, os equipos funcionaron, destacando o traballo previo tanto dos membros do Goberno durante toda a lexislatura como dos equipos locais de cada concello. 

Nesta liña, lembrou que en maio de 2015 foron o partido máis votado de Galicia pero souberon ir máis aló diso sendo conscientes de que debían facer autocrítica. Deste modo, marcáronse unha folla de ruta que consistía nunha renovación de políticas, de equipos e actitudes que foron cumprindo.

No referente ás políticas, Feijóo lembrou que se fixo un impulso social á axenda que non tería sido posible sen ser rigorosos no control orzamentario. Xa en canto aos equipos, recordou que se renovou o goberno, os cadros das provincias en catro congresos e o equipo autonómico. Por último, salientou a renovación das actitudes onde destaca unha presenza aínda máis intensa “na auténtica rede social galega que é a rúa, que son as prazas, que é o contacto directo coa sociedade”.

ESIXIRSE MÁIS CADA DÍA

Durante o seu discurso, Feijóo cualificou os resultados acadados nas eleccións autonómicas como “indiscutiblemente bos”, así como “tan bos como excepcionais”, subliñando que teñen a única maioría de toda España e sen esquecer que tamén son excepcionais para el como candidato.

Malia isto, admitiu que non quixera caer no erro da autocompracencia xa que o partido non pode parar, ten que seguir funcionando e esixíndose máis cada día.

Por este motivo, sinalou que as próximas eleccións “hai que gañalas desde xa”. Para isto, indicou que teñen que seguir en contacto directo cos cidadáns en cada concello, continuar o proceso de renovación de equipos, poñer aínda máis en forma os 313 equipos locais e seguir actuando coa sensibilidade precisa coa sociedade. 

REFERENTES PARA TODOS OS GALEGOS

O dirixente recoñeceu que os populares son a referencia para a grande maioría que lles deron o seu apoio o domingo pero que deben aspirar a ser a de todos os galegos gobernando para todos xa que, ademais, en só 24 horas despois das eleccións, os outros partidos xa decepcionaron aos seus votantes. Nese sentido, aseverou que hai moitos galegos orfos dunha referencia política despois da reacción do domingo onde se viu unha nula autocrítica.

Así, lembrou como o PSOE continúa como se nada tivera pasado con  Pedro Sánchez na mesma actitude irresponsable de bloqueo e obstrución e con Ciudadanos criticando a Lei Electoral que na campaña defendían para querer gobernar Galicia cun só escano se lles saía a carambola.

Xa no tocante ás “mareas de Podemos”, afirmou que é algo moi previsible coa soberbia coa que actúan, obviando á maioría dos galegos e seguindo a repartir carnés de xente, ademais de descualificar a quen non lles da a razón. “Fracasaron insultándome a min. Maior será o fracaso insultando aos galegos”, manifestou.

O presidente apuntou tamén que esa actitude por parte dos demais partidos debe levar aos populares a esixirse aínda máis. “O que eu pido a todos, e moito máis na vitoria, é humildade”, recalcou afirmando que o que fai grande ao PPdeG é a capacidade para ser un partido de toda a comunidade. 

Nese senso, engadiu que Galicia terá un goberno estable e para todos porque foi o seu compromiso e cumprirao. “Galicia ten tamén un partido no que cabe a grande maioría dos galegos” asegurou namentres indicaba que “fálase facendo. Celebremos facendo”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies