O deputado nacional pola provincia de Lugo e portavoz de Industria do Partido Popular no Congreso, Francisco Conde, valorou a situación actual do proxecto de Altri, subliñando que conta cun informe medioambiental que avala a súa viabilidade desde o punto de vista do impacto no territorio.
Neste contexto, Conde reclamou compromiso tanto por parte de Altri como do Goberno central. A empresa debe garantir o cumprimento de todos os condicionantes establecidos pola Xunta de Galicia, así como demostrar a viabilidade económica e financeira do proxecto e o seu impacto positivo en Galicia, sinalou o deputado popular.
Así mesmo, instou ao Goberno de Pedro Sánchez a rectificar e cumprir coa súa responsabilidade. Lembrou que o Ministerio de Industria mantén o proxecto bloqueado e que lle corresponde defendelo en Bruxelas, xa que cumpre cos requisitos medioambientais e industriais establecidos pola Comisión Europea.
Ademais, Conde destacou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica coñece a necesidade de dotar ao proxecto das infraestruturas necesarias para a súa conexión á rede, elemento fundamental para garantir a súa viabilidade.
En definitiva, o deputado popular fixo un chamamento á rectificación por parte do Goberno para permitir o desenvolvemento dun proxecto que pode xerar novas oportunidades para a mocidade galega, especialmente na provincia de Lugo.
Conde subliñou tamén que Altri está aliñado cos obxectivos de loita contra o cambio climático, sustentabilidade e transformación dixital. Por este motivo, instou ao ministro de Industria a comparecer no Congreso dos Deputados para comprometerse coa viabilidade deste proxecto, asegurando un trato igualitario con outras iniciativas industriais que cumpren cos criterios ambientais e industriais marcados pola Unión Europea.
Francisco Conde insta ao Goberno central a cumprir coa súa responsabilidade co proxecto de Altri logo que o informe medioambiental avale a súa viabilidade
Noticias recomendadas
O PPdeG asegura que o remate da autovía Nadela-Sarria é a mellor demostración do compromiso do Goberno galego co desenvolvemento e a mellora das infraestruturas da provincia de Lugo
Os deputados do Grupo Popular Nicole Grueira e Enrique Barreiro, acompañados do alcalde do Páramo, José Luís López, e da voceira do PP en Sarria, Carmen José López, salientaron hoxe
O Grupo Popular defende que a Unión Europea manteña recursos equivalentes e homologables á actual PAC e aos fondos FEAGA e FEDER
Os deputados do Grupo Popular Miguel Ángel Viso e Cristina Campero defenderon hoxe o mantemento por parte da Unión Europea dun orzamento específico e suficiente para o sector agrícola e
O PPdeG reclama ao Goberno central a inmediata posta en marcha do IVE franquiciado, que aliviaría a carga fiscal de máis de 100.000 autónomos galegos
Os deputados do Grupo Popular Julio García Comesaña e Manuel Santos demandaron hoxe ao Goberno central a aplicación inmediata do réxime especial de franquicia do IVE, previsto na Directiva europea