O Grupo Popular cifra en máis de 2.500 millóns de euros a débeda do Estado a Galicia pola atención aos dependentes
5 de maio de 2023. A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Raquel Arias, afirmou hoxe no Parlamento galego que “o Goberno central adebeda a Galicia máis de 2.500 millóns de euros desde a aprobación da Lei de dependencia”, xa que Galicia está a asumir o 70 por cento dos servizos aos dependentes cando lle correspondería o 50 por cento.
O PPdeG afirma que Ribeira contará con dous novos médicos coa aplicación da nova lei que permite cubrir vacantes por concurso de méritos
5 de maio de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Parlamento galego que a aplicación da Lei que permite a cobertura de prazas por concurso de méritos facilitará a convocatoria de dúas prazas para o concello de Ribeira, que poderán prestar servizo no consultorio de Corrubedo e cubrir a baixa de longa duración do médico que presta servizo nesta parroquia.
O PPdeG presenta unha campaña “de ilusión e ganas por dicir que o plan do PP é o mellor plan para os galegos e galegas”
5 de abril de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que a súa formación afronta a campaña electoral para os comicios municipais do 28 de maio como “15 días de ilusión e ganas de dicir que o plan do Partido Popular é o mellor plan para os galegos e as galegas” nos 313 concellos.
O Grupo Popular pide ao Goberno central que financie un plan de recuperación para axilizar a celebración de procedementos xudiciais
4 de maio de 2023. A deputada do Grupo Popular Marisol Díaz Mouteira demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central financie o plan de recuperación para axilizar a tramitación e resolución dos procedementos xudiciais.
O Grupo Popular critica o “pesimismo e falta de confianza do BNG do tecido empresarial galego, así como o seu descoñecemento e negacionismo”
3 de maio de 2023. A portavoz de Industria do Grupo Popular, Cristina Sanz, criticou hoxe no Parlamento galego “o pesimismo e falta de confianza do BNG no tecido empresarial galego, así como o seu descoñecemento e negacionismo respecto da actuación da Xunta nesta área estratéxica”.
O Grupo Popular buscará no Pleno o compromiso do Parlamento galego co marco lingüístico recollido na Constitución, no Estatuto de Autonomía e na Lei de normalización
2 de maio de 2023. O Grupo Popular buscará no Pleno da vindeira semana o compromiso do Parlamento galego co marco lingüístico recollido na Constitución, no Estatuto de Autonomía, na Lei de normalización lingüística de Galicia e nos plans de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico e na mocidade, xunto coa aprendizaxe de linguas estranxeiras.